miércoles, 5 de diciembre de 2007

nivel 2: criterio

o caso é que chegamos ao piso en Santiago un día e decidimos ver o "parte" (como diría meu avó), con tan mala sorte que a tele non funciona, só se ven un monte de liñas (como canal+ en tódolos fogares durante a nosa infancia). Logo de tentar arreglala eu, varias veces, desistimos -sospeitando que, seguramente, a estropease máis-. Pasa un mes e así continúa a cousa, co que chego agora pola tardiña á miña casa verdadeira, aquí en Malpica, e dígome: "vou descansar de tanto estudio e vou ver o "parte" (q palabra máis mítica...qué recordos!)".
Son as nove así que nalgún canal, por non dicir en todos, ten que haber noticias. Prendo a tele e sáltame en cuatro. En 1º plano Iñaki Gabilondo facendo unha especie de monólogo. O tío comeza a falar e déixame bastante perplexa, sinceramente: pero non se supón que o traballo dun xornalista é ser o máis obxectivo posible ó transmitir unha noticia? que eu saiba, si. É o lema que sempre se seguiu, vaia...Pois o señor pásase isto polo mesmísimo forro...!!! A pesares disto non cambio, qué carallo! total, todos fan ese truco, só que este di abertamente "en nuestra opinión...". E pode dicilo máis alto pero non máis claro, así que antepoño a súa sinceridade aos teje-manejes doutros (jiji...q campeón Urdaci. Sempre que penso nel vénseme unha risiña á boca). O Gabilondo comeza a dar noticias como se fosen balas, do directo e duro que é, pero mantenme bastante enganchada, certamente. Supoño que segue sempre o mesmo esquema á hora de narrar, e comeza pola política (q se lle ve que lle gusta máis que un chupachús a un tonto): a manipulación do PP á hora de aproveitar a baza dos últimos golpes terroristas do sábado pasado no seu favor nas urnas; a resposta do tan atacado PSOE ás faltas de respecto populares; a manifestación da AVT consecuencia do asasinato dos dous gardas civís na que despotricaron contra o Goberno...Iñaki fala e fala desenmascarando a estes últimos, dos que di que usan este novo atentado para saltar outra vez contra ZP e os seus, etc, etc, etc...(por se non quedaba claro que falou bastante con frases cortas e tajantes)
E penso eu....PERO FALECEU TAMÉN O 2º RAPAZ???? vaia home!! e momentáneamente síntome bastante indignada porque a penas se menta iso. Consecuencia?: cambio para tele5 (logo veremos que foi mala xogada...). A primeira frase do presentador é: "el país, conmocionado, sale a la calle"... Conmocionado quén? se está claro que aquí calquera saca proveito da ocasión e, de xeito ben hipócrita, intenta sacar partido da morte de persoas ás que se lles foi arrebatado o único don que todos temos por dereito dende que nacemos!! Se se fan manifestacións distintas para que poidan ir os dun partido e os doutro? Menudo paripé..Inconcebible e vergonzoso, verdadeiramente...Pero ónde estamos??? A qué punto chegamos?? E cándo?? "Á sociedade frívola xa lle tarda outra morte para desacreditar ao rival (xq esa é a maneira, non alabar os méritos dun -que é porque non os teñen-), afían as uñas agardando". Este debería ser o titular!! Ao final as bandas terroristan van ser aliados dos partidos políticos.. Penso: "seguro que Iñaki di algo semellante ao que eu penso..", asiq volvo a cuatro...Están dando agora a noticia da morte dunha rapaza que leva un ano agonizando no hospital, dende que fora queimada viva polo seu "ex", contra o que tiña (mira ti por onde!) unha orde de alonxamento. E o peor non é isto senón que o contan porque é o que coñecemos como "carnaza", atrae público...ninguén se acordou desa muller mentres vivía e agora é un número, preto do cen (vai saber ti cal!), na lista de mulleres asasinadas ao longo do 2007 á man das súas parellas...A seguinte nova di que o prezo da gasolina subiu a 9 euros o depósito, e logo falan de que os dirixentes da OPEP non pensan nin aumentar a pordución nin baixar ese desorbitado custo...Pasado un anaco de novas deste estilo, poño en A3 onde comezan os deportes: "Kaká recibió el balón de oro, por valor de ... euros" -era tan supremo que o meu agudo oído non acadou escoitar ben-. Surrealista..
Resultado de todo isto?: "joder, outra vez a mesma merda de sempre...para isto prefiro ver liñas e liñas cun zumbidiño de fondo. Estar incomunicada e permanecer feliz no meu mundo da piruleta" Aínda que con isto tampouco arregle nada. Co que amigo, direiche que só che desexo Paz e Felicidade ata un límite, ese onde o teu sorriso amplo choca de frente coa morte inxusta, a fame e a riqueza desigual...e que teñas a habilidade de gardar perpetuamente no teu gerolo aqueles fugaces momentos nos que o que sucede ao redor non traspasa a delgada parede da burbulla que nos aisla, só de cando en vez, do resto do planeta...porque serán eses recordos os que te salvarán en momentos de angustia extrema.

Sen máis, un bico...

Fins

Este adicado aos dous xoves gardas civís asasinados a tiros que, se ben teño que dicir que non estou profundamente afectada (non os coñecía, sexamos francos), tamén conto que unha pequena bágoa de rabia asomou cando me puxen na súa pel, e foi ela quen me trouxo inconscientemente ao ordenador para plasmar, neste extenso artigo, as palabras dunha inconformista conxénita que non vai cambiar o mundo, moi probablemente, pero deixará a alma intentándoo

8 comentarios:

Anónimo dijo...

"En 1º plano Iñaki Gabilondo facendo unha especie de monólogo. O tío comeza a falar e déixame bastante perplexa, sinceramente: pero non se supón que o traballo dun xornalista é ser o máis obxectivo posible ó transmitir unha noticia? que eu saiba, si."

Non o tiñas que saber: Modelo norteamericano. (é o que tén...)

Detalles aparte. Está claro, os medios de masas son empresas que pretenden vender os seus produtos. Neste caso é a información. Todos, dun xeito ou de outro (abertamaente ou polo baixo) miran polos seus intereses económicos. Hai outras moitas noticias que non din, porque non lle interesa ou non é rendible economicamente. O que temos que facer é "poñer o noso filtro" contra todos eses intereses comerciais.

En todos os sectores económicos actuais pasa eso (no voso país non, pero no estranxeiro sejuro que si -non vas coller este chistiño, pero tiña que facelo-).

A Guardia Civil é un caso aparte. Non me quero poñer todo reseso aquí dicindo todo o que penso da Guardia Civil (aínda che van pechar o blog) .-a ti se cadra non, pero porque o dijo eu, se o di De Juana Chaos, fijo-

Manuel

Borja dijo...

Finta tes o don de deixarme sen palabras... non sei como o fas pero consiguelo.

Un Biko Ruliña!

Discóbolo hipercrítico sexagenario dijo...

Eu saúdo cun Coño! e ninguén me di nada, pero ti escribes de pm (palmeira non coño) e teño que dicilo.

E sabes o que penso, que a única información fiable son os meus ollos... e teño miopía.

Para todo o demáis, cómodo e sencillo, só hai que sacar una carreira de manipulación con máster (ou posgrao que queren implantar - Moloña bola, digo boloña mola) en hipocresía, e aplicar os coñecementos para analizar as noticias inversamente.


Alguna duda?, algun matiz?, algo que comentar?



E a ver se escribes máis a menudo (eres necesaria fins).

Anónimo dijo...

Boas, xa que queres que che escriba, pois aí vai:

- En primeiro lugar, dubido moito que intentar arreglar a tele sea andar a hostias con ela.

- Segundo... ibache comentar o mesmo que Manuel che comentou ó principio. Tes razón, non o tiñas que saber. Pero actualmente estamonos dando conta de que a obxectividade non existe. Agora o noso obxectivo é a subxectividade honesta, tócate los huevos!. Ademais, o chiste que fai Manuel é moi bo, aí tes un exemplo de chiste de gremio que o outro día non conseguín poñerche.

E nada máis, un sáudo e ata que volvas a escribir.

P.D: O tan esperado homenaje "Palabra de Ousinde" está a punto de publicarse. Estate atenta.

Anónimo dijo...

Hai anos, cando eu andaba metido naquelas que che teño contado algunha vez, había un periodismo algo diferente. Aínda así, na Facultade de Periodismo de Madrid creo que ensinaba una tal Emilio Romero unha máxima de la hostia: "Non deixes que a verdade che estropee unha boa noticia" disque dicía. E o principio polo que se rexen moitos xornalistas aínda hoxe. De todolos xeitos, miña rula, si tes que escoita-las noticias ou velas, mellor Gabilondo que a COPE...
Outro día, se queres, cóntoche a rifa que tivo cun facha nas páxinas da revista Triunfo, que era cojonuda.

Anónimo dijo...

Ola Finta. Xa que non te vexo no mundo real (disque é real, aínda que hai veces que non o parece...) aproveito esta aldeiña virtual para desexar que teñas un estupendo 2008. Telo moi fácil, simplemente segue sendo como tan ben che sae.
m8s bks de SUSO (recorda a ESO e igual sabes que Suso son...)
P.D. creo que xa o dixen algunha vez, pero á vista desta foto... hai que ver que pouco pode se pode chegar a parecer unha filla ao seu pai... (aínda que a verdade é que é xenial, feo e todo)

Zape (entre outras muitas cousas) dijo...

Bah, Finta, non jodas... pena ningunha me dan eses dous...

Anónimo dijo...

Good post and this mail helped me alot in my college assignement. Thanks you seeking your information.