lunes, 31 de marzo de 2008

nivel 3: inocencia interrumpida

Plaxio do título dunha peli de Winona Ryder e Angelina Jolie, bastante mediocre e rara por certo, que eu como cinéfila empedernida me vin obrigada a ver, pero noutro uso que me parece tanto ou máis axeitado.
Xa fai que levo pensando nalgo, pero non atopaba nin palabras nin momento (se acabaremos medio tolos de tanto estudiar...así están todos os médicos ligados a problemas de alcol e ansiedades).
O caso foi que un día quedei embobada mirando para un destes paneles luminosos que hai nas carreteras, cando vas por autopista e tal q poñen: "X muertos el año pasado en carretera, ponte el cinturón, etc". E según iba xirando a vista, había outro cartel grandote cunha foto dun coche deportivo de infinitos cabalos...Inmutable na miña posición de co-piloto, a miña cachola comezou a maquinar por sí soa. Vaia contraste, que resultaba á vez macabramente irónico...
Varias preguntas brotaron na miña cabeza:
1. Se non se pode superar a velocidade de 120 km/h, para qué os coches chegan a ter 220?? é ilóxico dende a súa concepción!
2. Se fumar mata, por qué segue a venderse tabaco legalmente?

E outras dúbidas máis nesta mesma liña, ás cales ninguén me soubo dar aínda unha resposta coherente e fácil de dixerir para o miña mentalidade semi-inocente e bastante crédula ata aquel entón. De feito, non é de estrañar que non haxa persoas capaces de proporcionar un argumento que respalde dalgunha maneira isto que ocorre.
A min, persoalmente, non se me ocorre outra razón que non sexa os intereses económicos do país, ou do Goberno, qué sei eu de quén! pero seguro que ten que ver cos cartos...e paréceme tan penoso poñer a vida dos seres ao servizo dun motivo tal que me nego a admitir que non haxa outra solución. O primeiro que lle dixen a meu pai foi: "se eu fose presidenta do Goberno (qué coña!), cortaba todo de raíz. Tabaco? Fóra! Coches? Nada, límite 120, e se é así que o sexa cun sentido!" Resposta que correspondía da súa parte: "las cosas no se solucionan así".

Seguramente non, pero mentras se solucionan doutra maneira, eu non sei cal, a situación non mellora...
Se chegáchedes a esta liña agardando que eu ofrecese unha solución, mágoa de vós, queridos, que non a teño (ogallá estivese xa na miña man), e creo que aínda que así fose non sería escoitada por moito que berrase. A pesares disto, unha sabia comentou un día:"pensa global, actúa local", e dende entón converteuse nunha especie de máxima que procuro con todas as miñas forzas non olvidar...
Este comentario constitúe, na medida do posible, unha protesta que busca que a lean. Só iso. Eu, pola miña parte, sigo inconformista, coma sempre, e non perdoo. Xa non.


Para I., con parcela propia e inamovible na miña memoria, do que me gusta pensar que pulula máxicamente facendo que un artigo sinxelo a máis non poder, como é este, signifique moito para min. Por todo isto, e recordos que me fan sorrir, SEMPRE, gracias.