miércoles, 5 de diciembre de 2007

nivel 2: criterio

o caso é que chegamos ao piso en Santiago un día e decidimos ver o "parte" (como diría meu avó), con tan mala sorte que a tele non funciona, só se ven un monte de liñas (como canal+ en tódolos fogares durante a nosa infancia). Logo de tentar arreglala eu, varias veces, desistimos -sospeitando que, seguramente, a estropease máis-. Pasa un mes e así continúa a cousa, co que chego agora pola tardiña á miña casa verdadeira, aquí en Malpica, e dígome: "vou descansar de tanto estudio e vou ver o "parte" (q palabra máis mítica...qué recordos!)".
Son as nove así que nalgún canal, por non dicir en todos, ten que haber noticias. Prendo a tele e sáltame en cuatro. En 1º plano Iñaki Gabilondo facendo unha especie de monólogo. O tío comeza a falar e déixame bastante perplexa, sinceramente: pero non se supón que o traballo dun xornalista é ser o máis obxectivo posible ó transmitir unha noticia? que eu saiba, si. É o lema que sempre se seguiu, vaia...Pois o señor pásase isto polo mesmísimo forro...!!! A pesares disto non cambio, qué carallo! total, todos fan ese truco, só que este di abertamente "en nuestra opinión...". E pode dicilo máis alto pero non máis claro, así que antepoño a súa sinceridade aos teje-manejes doutros (jiji...q campeón Urdaci. Sempre que penso nel vénseme unha risiña á boca). O Gabilondo comeza a dar noticias como se fosen balas, do directo e duro que é, pero mantenme bastante enganchada, certamente. Supoño que segue sempre o mesmo esquema á hora de narrar, e comeza pola política (q se lle ve que lle gusta máis que un chupachús a un tonto): a manipulación do PP á hora de aproveitar a baza dos últimos golpes terroristas do sábado pasado no seu favor nas urnas; a resposta do tan atacado PSOE ás faltas de respecto populares; a manifestación da AVT consecuencia do asasinato dos dous gardas civís na que despotricaron contra o Goberno...Iñaki fala e fala desenmascarando a estes últimos, dos que di que usan este novo atentado para saltar outra vez contra ZP e os seus, etc, etc, etc...(por se non quedaba claro que falou bastante con frases cortas e tajantes)
E penso eu....PERO FALECEU TAMÉN O 2º RAPAZ???? vaia home!! e momentáneamente síntome bastante indignada porque a penas se menta iso. Consecuencia?: cambio para tele5 (logo veremos que foi mala xogada...). A primeira frase do presentador é: "el país, conmocionado, sale a la calle"... Conmocionado quén? se está claro que aquí calquera saca proveito da ocasión e, de xeito ben hipócrita, intenta sacar partido da morte de persoas ás que se lles foi arrebatado o único don que todos temos por dereito dende que nacemos!! Se se fan manifestacións distintas para que poidan ir os dun partido e os doutro? Menudo paripé..Inconcebible e vergonzoso, verdadeiramente...Pero ónde estamos??? A qué punto chegamos?? E cándo?? "Á sociedade frívola xa lle tarda outra morte para desacreditar ao rival (xq esa é a maneira, non alabar os méritos dun -que é porque non os teñen-), afían as uñas agardando". Este debería ser o titular!! Ao final as bandas terroristan van ser aliados dos partidos políticos.. Penso: "seguro que Iñaki di algo semellante ao que eu penso..", asiq volvo a cuatro...Están dando agora a noticia da morte dunha rapaza que leva un ano agonizando no hospital, dende que fora queimada viva polo seu "ex", contra o que tiña (mira ti por onde!) unha orde de alonxamento. E o peor non é isto senón que o contan porque é o que coñecemos como "carnaza", atrae público...ninguén se acordou desa muller mentres vivía e agora é un número, preto do cen (vai saber ti cal!), na lista de mulleres asasinadas ao longo do 2007 á man das súas parellas...A seguinte nova di que o prezo da gasolina subiu a 9 euros o depósito, e logo falan de que os dirixentes da OPEP non pensan nin aumentar a pordución nin baixar ese desorbitado custo...Pasado un anaco de novas deste estilo, poño en A3 onde comezan os deportes: "Kaká recibió el balón de oro, por valor de ... euros" -era tan supremo que o meu agudo oído non acadou escoitar ben-. Surrealista..
Resultado de todo isto?: "joder, outra vez a mesma merda de sempre...para isto prefiro ver liñas e liñas cun zumbidiño de fondo. Estar incomunicada e permanecer feliz no meu mundo da piruleta" Aínda que con isto tampouco arregle nada. Co que amigo, direiche que só che desexo Paz e Felicidade ata un límite, ese onde o teu sorriso amplo choca de frente coa morte inxusta, a fame e a riqueza desigual...e que teñas a habilidade de gardar perpetuamente no teu gerolo aqueles fugaces momentos nos que o que sucede ao redor non traspasa a delgada parede da burbulla que nos aisla, só de cando en vez, do resto do planeta...porque serán eses recordos os que te salvarán en momentos de angustia extrema.

Sen máis, un bico...

Fins

Este adicado aos dous xoves gardas civís asasinados a tiros que, se ben teño que dicir que non estou profundamente afectada (non os coñecía, sexamos francos), tamén conto que unha pequena bágoa de rabia asomou cando me puxen na súa pel, e foi ela quen me trouxo inconscientemente ao ordenador para plasmar, neste extenso artigo, as palabras dunha inconformista conxénita que non vai cambiar o mundo, moi probablemente, pero deixará a alma intentándoo