miércoles, 5 de diciembre de 2007
nivel 2: criterio
Son as nove así que nalgún canal, por non dicir en todos, ten que haber noticias. Prendo a tele e sáltame en cuatro. En 1º plano Iñaki Gabilondo facendo unha especie de monólogo. O tío comeza a falar e déixame bastante perplexa, sinceramente: pero non se supón que o traballo dun xornalista é ser o máis obxectivo posible ó transmitir unha noticia? que eu saiba, si. É o lema que sempre se seguiu, vaia...Pois o señor pásase isto polo mesmísimo forro...!!! A pesares disto non cambio, qué carallo! total, todos fan ese truco, só que este di abertamente "en nuestra opinión...". E pode dicilo máis alto pero non máis claro, así que antepoño a súa sinceridade aos teje-manejes doutros (jiji...q campeón Urdaci. Sempre que penso nel vénseme unha risiña á boca). O Gabilondo comeza a dar noticias como se fosen balas, do directo e duro que é, pero mantenme bastante enganchada, certamente. Supoño que segue sempre o mesmo esquema á hora de narrar, e comeza pola política (q se lle ve que lle gusta máis que un chupachús a un tonto): a manipulación do PP á hora de aproveitar a baza dos últimos golpes terroristas do sábado pasado no seu favor nas urnas; a resposta do tan atacado PSOE ás faltas de respecto populares; a manifestación da AVT consecuencia do asasinato dos dous gardas civís na que despotricaron contra o Goberno...Iñaki fala e fala desenmascarando a estes últimos, dos que di que usan este novo atentado para saltar outra vez contra ZP e os seus, etc, etc, etc...(por se non quedaba claro que falou bastante con frases cortas e tajantes)
E penso eu....PERO FALECEU TAMÉN O 2º RAPAZ???? vaia home!! e momentáneamente síntome bastante indignada porque a penas se menta iso. Consecuencia?: cambio para tele5 (logo veremos que foi mala xogada...). A primeira frase do presentador é: "el país, conmocionado, sale a la calle"... Conmocionado quén? se está claro que aquí calquera saca proveito da ocasión e, de xeito ben hipócrita, intenta sacar partido da morte de persoas ás que se lles foi arrebatado o único don que todos temos por dereito dende que nacemos!! Se se fan manifestacións distintas para que poidan ir os dun partido e os doutro? Menudo paripé..Inconcebible e vergonzoso, verdadeiramente...Pero ónde estamos??? A qué punto chegamos?? E cándo?? "Á sociedade frívola xa lle tarda outra morte para desacreditar ao rival (xq esa é a maneira, non alabar os méritos dun -que é porque non os teñen-), afían as uñas agardando". Este debería ser o titular!! Ao final as bandas terroristan van ser aliados dos partidos políticos.. Penso: "seguro que Iñaki di algo semellante ao que eu penso..", asiq volvo a cuatro...Están dando agora a noticia da morte dunha rapaza que leva un ano agonizando no hospital, dende que fora queimada viva polo seu "ex", contra o que tiña (mira ti por onde!) unha orde de alonxamento. E o peor non é isto senón que o contan porque é o que coñecemos como "carnaza", atrae público...ninguén se acordou desa muller mentres vivía e agora é un número, preto do cen (vai saber ti cal!), na lista de mulleres asasinadas ao longo do 2007 á man das súas parellas...A seguinte nova di que o prezo da gasolina subiu a 9 euros o depósito, e logo falan de que os dirixentes da OPEP non pensan nin aumentar a pordución nin baixar ese desorbitado custo...Pasado un anaco de novas deste estilo, poño en A3 onde comezan os deportes: "Kaká recibió el balón de oro, por valor de ... euros" -era tan supremo que o meu agudo oído non acadou escoitar ben-. Surrealista..
Resultado de todo isto?: "joder, outra vez a mesma merda de sempre...para isto prefiro ver liñas e liñas cun zumbidiño de fondo. Estar incomunicada e permanecer feliz no meu mundo da piruleta" Aínda que con isto tampouco arregle nada. Co que amigo, direiche que só che desexo Paz e Felicidade ata un límite, ese onde o teu sorriso amplo choca de frente coa morte inxusta, a fame e a riqueza desigual...e que teñas a habilidade de gardar perpetuamente no teu gerolo aqueles fugaces momentos nos que o que sucede ao redor non traspasa a delgada parede da burbulla que nos aisla, só de cando en vez, do resto do planeta...porque serán eses recordos os que te salvarán en momentos de angustia extrema.
Sen máis, un bico...
Fins
Este adicado aos dous xoves gardas civís asasinados a tiros que, se ben teño que dicir que non estou profundamente afectada (non os coñecía, sexamos francos), tamén conto que unha pequena bágoa de rabia asomou cando me puxen na súa pel, e foi ela quen me trouxo inconscientemente ao ordenador para plasmar, neste extenso artigo, as palabras dunha inconformista conxénita que non vai cambiar o mundo, moi probablemente, pero deixará a alma intentándoo
jueves, 27 de septiembre de 2007
nivel 1
Seguramente podería pasarme aquí varias horas facendo reflexións, pero tampouco penso que mereza moito a pena. Ademais isto quédase nunhas poucas palabras que non me arreglan nada. As palabras sempre as leva o vento (afágome con famosas expresións...), e o que conta son as accións. Menos mal que por agora podo ter a conciencia ben tranquila, pois as miñas accións expresan literalmente o que din as miñas (abundantes) verbas.
E iso non é pola miña inocencia...ou se cadra si.
Agora voume que, como sempre, chego tarde...
Adicado a Sonia, xq vai ter que aguantar ao primo Fernando toooooooooooooooda a vida...jeje! diría que felicidades pero sóname tan tópico. Así que, a pasalo ben!
Un bico...
TIKITI
martes, 11 de septiembre de 2007
non importan, non?
E de todos é sabido que os de Medicina son uns pijos, os de Dereito van traxeados, os de Informática son unha especie de bichos raros, os de Xornalismo son os liberais, e os de filoloxías son uns desaliñados...e probablemente digades "iso non é certo", pero en gran proporción se cumplen estas afirmacións! non sempre, pero como dicía témolos catalogados, nunha especie de estantes mentais separados, ou algo así. E nas relacións que se entablan entre un grupo de persoas por primeira vez, cántas veces se nos veu a cabeza "este é un gilipollas!"? Quizais logo chegamos a coñecer a esa persoa e non era así, pero poida que nin sequera volvamos a coincidir con ela, e esa sensación é coa que nos quedamos.
Ou na sociedade mesmo xa se fala de "hippies", "góticos", "surfers" e non sei que máis! como se existise unha especie de clases vestimentais...eu, sinceramente, non sei a qué grupo pertencería eu, xa mo diredes!
E cóntanse por milleiros as ocasións nas que un se guía polas pintas, como se soe dicir. Non vou mentir dicindo que non me ten pasado de ir soa de noite pola rúa e teña acelerado o paso por ver a alguén cun aspecto raro, oscuro ou, simplemente que eu considere sospeitoso. E posiblemente sexa unha gran persoa e sexa unha chorrada o que fago, pero é instinto! que poida que non fixera o mesmo se o individuo (ou os) estivesen traxeados ou vestisen de amarelo limón, en vez de todo de negro e cun gorro e guantes...
E non fai falta que mensione sequera a relevancia do olfacto nas relacións sociais nacentes, ou si?
Ben, creo que queda bastante patente o que quero expresar con este artigo..
E agora quero que olvidedes todo o que acabades de ler e repitades conmigo: O QUE IMPORTA É O INTERIOR! isto escribiuno a miña conciencia, a que a vosa berra xusto o mesmo?
Hoxe adícollo a Luisa e compañía, porque foron o exemplo máis evidente de que as apariencias e o que pense o resto importa unha verdadeira merda
un bico, a mononeurona de Finta
lunes, 27 de agosto de 2007
depresión
A falta de servicios nos pequenos pobos é unha das súas grandes desventaxas...así pois aparece a desesperación de ter que moverse para non morrer de aburrimento.
Menos mal que eu este ano teño un gran remedio : ESTUDIAR!!!!
non sei se procedería a famosa frase agora de "no hay mal que por bien no venga". Diréivolo en outubro, cando recupere a cordura
TIKITI
Adicado a Ofelia, por adentrarse nun labirinto limitante entre fantasía e realidade
martes, 7 de agosto de 2007
PRE-MAMÁ
Do que hoxe quero falarvos é, como ben intenta transmitir o título, da velocidade coa que en ocasións se precipitan os feitos nas vidas. Non atopo as palabras exactas coas que introducir a historia, co que vou tentar que entendades o meu shock reproducindo literalmente as palabras coas que comezou todo o lío:
"Sabías ken é X?? Pois está embarazada..."
Resultou que me quedei coa boca aberta...o motivo? que X era unha compañeira da infancia (algúns saberedes de quén falo), de 19-20 anos, da que eu non me esperaba, nin por moito, esa noticia. Non recordei máis o conto ata que un día deste verán a vin paseando pola praia coa súa barriguiña de pre-mamá...se ben por un lado me alegrei por ela xq a vin realmente feliz e preciosa (todo sexa dito, pois o q se di que as embarazadas están máis guapas que nunca é totalmente certo), por outro lado non puden evitar pensar: "pero se é unha nena!!"
Nun pobo como é Malpica, pequeno e no que todos nos coñecemos, foi inevitable que todo o mundo falase, sobre todo de se fora desexado ou un imprevisto...supoño que nunca o saberemos. Independentemente diso, desexado ou non, as opinións eran ben diversas sobre se ter o crío ou non. Na miña pandilla de amigas en concreto xa houbo discrepancias: mentres algunha afirmaba que se lle ocorrese a ela tería o fillo, pois era un golpe do destino e había que tomalo como un regalo e adaptar as vidas á do fututo ser, o resto abríamos os ollos coma pratos e defendiamos o aborto como solución a tal "regaliño" que non faría senon complicarnos a nosa situación actual (o que non quere dicir que en caso de ter o fillo non o quixesemos como as que máis, quede claro, pero que en principio sería un gran problema é evidente). A nosa posición é a seguinte: primeiro vivir as nosas vidas e completar unha serie de metas, e logo, no momento en que queramos e podamos (xq non teriamos un fillo se non houbese medios para crialo), ter un bebiño (se se tercia), pero ese momento témolo fechado en torno aos 30 (sei que non se pon fecha e logo sempre ocorre o non esperado, pero parécenos unha idade máis ou menos pasable...). Certo é que a susodita X podía ter xa cumplido os seus obxectivos vitais e ser este o seu propósito, pero é que...deus!! eu non me vexo apta para cumplir con esa responsabilidade nin moito menos! hai tanto que facer primeiro!! e na maioría destes casos son as avoas quenes coidan ao neto como un fillo máis por diversos motivos...
O asombro tornou en parálise cando outro par de noticias captaron a miña atención:
-Recordas á prima de tal, a que nos leva un ano?? pois cásase para a semana...
-Sabes esta que iba na clase do lado no instituto?? pois cásase o sábado próximo e invitoume á boda!!
E volvín pensar inconscientemente "pero se son unhas NENAS!!!!!". Á marxe da opinión que poidan espertar en min os casamentos, só o feito de imaxinalas na miña cabeza vestidas de noiva e casadas...casadas!!! claro que se lles desexa toda a felicidade do mundo, pero a miña incomprensión superaba os límites do razonable...despois de que varias personas tentasen convencerme de que era normal que se casasen xq ambas levaban xa vida en común con cadansúa parella, o meu nivel de escándalo foi diminuíndo progresivamente ata asumir os feitos. O esforzo foi, sen embargo, en vano xq, se xa vivían a gusto cos mozos..cal é a necesidade de se casar?? a diferencia? pois que agora a separación non só é dano sentimental, senon que acarrea consigo un divorcio (papeis, cartos, tempo....). E dinme: "velo así xq nn estás namorada coma elas". E poida que sexa certo que non o comprenda por ese motivo, pero, en todo caso, ten que haber xente para todo, modos de actuar ben dispares, e formas de ser e pensar opostas (pero a anos luz..)
Aínda así, respecto e alégrome por todos eles e elas, q sexan ben felices á súa maneira,q eu tentarei selo á miña
Este adícollo a todas aquelas valentes.......
un bikiño
TIKITI
jueves, 26 de julio de 2007
longa mañá de pedra
en fin, despois de toda unha emocionante mañá no hospital clínico universitario agardando a q o señorito de jistoría nos atendese, podo dicir q por fin, por fin, me DESESPEREI!!!! se é unha revisión non pode pasar 1hora cn cada persoa! e se non q faga como todo profesor, q poña un horario máis amplo e, a poder ser, na facultade (q é moi cómodo q te vaian ver ó traballo...está tan a man!). 14:30 entro no seu despacho (a revisión acababa supostamente ás 14, pero claro..), e dígolle que son Finta Abella (xq a pesar de que a súa secretaria me diga q "no existe nadie matriculado con ese nombre", EU EXISTO), e que o meu DNI está apuntado ao final das notas, asíq supoño q se me olvidaría poñer o nome no exame, q teño moita torta. Dime que lle debo a vida por ser tan santo de non tiralo á basura (que hai q joderse..). Como estou aprobada pírome canto antes, sen protestar xq me sacase punto e pico por faltas de ortografía (que, que, que..nn teño palabras pa ese home, en serio. Non, non..ah!)
con isto que kero dicir, pois que HAI Q POÑER NOME SEMPRE ÓS EXAMES!!! que eu nn lle kero deber a vida a ninguén...
falaría tb do apóstol, pero sería so para dar envidia a todos akeles k nn puideron estar, xq o pasei bomba!
gracias ós nenos da clase, e ó resto, por coidarme...
a Paco x non falar de política (incrible ché...tas en todo lados!)
e ós de Malpica x facerme ir...
e a todos os q me keirades chamar este fin de semana.....gracias! digo, non o fagades xq estarei en portugal (pobo veciño), e ata domingo á noite nn volvo...se aínda así me keredes chamar....joder parece mentira q se me keira tanto!
este adícollo a Luís Jar, xq a iniciativa de levar chuletas a historia en setembro en tamaño 18 e en negrita é a mellor! "e ti en ke a keres?? times new roman? concedido!...arial black? tb!....comic sans?? tb se fai falta ostia, pero apróbame!!" jaja...non olvidarei esta gran mañá q pasamos amigo..nin q tiveches valor de vir comer comigo e o meu pai! jajaja...
de Lalín home!!
botareite en falta
tin-tini a todos!
TIKITI
jueves, 19 de julio de 2007
365 días despois
e agora, ás portas dos 18+1 penso se ocorrerá algo q me permita escribir dentro de 52 semanas un artigo no q diga: "si, estes foron os 19!" e que non me pase o q me está sucedendo, confundir estes pasados 5 anos porque, agás por meros detalles e anécdotas (inolvidables, si..), parezo repetir todos os anos un ciclo, no q todo ten o seu orde e lugar...nn sei, supoño q serei unha insatisfeita social ou algo así (se é q iso existe..)
será q soño cn facer algunha loucura, saírme das normas e reglas e facer unha falcatruada que poida recordar sempre..
ou estarei agardando unha REVOLUCIÓN??
jueves, 12 de julio de 2007
ying-yang
en Ortigueira mooooooooooooi ben, superou as miñas expectativas....bos momentos como a caída de Patri ó chan (dos baños, aj!), Tania berramdo BEBÉ toda a mañá e sen deixar q Fran+eu pegásemos ollo (mataríaa..), coñecer ó mesmísimo Forrest Gump..jaja, jajaja (se algún día le esto, un saúdo eh! meu pobre, correr cunha caixa de bombóns chovendo...), ou simplemente pasar 5 minutos coa asturiana!!! sin palabras
varias persoas ás ke kería ver e nn vin, como Tami, q xa sabe q a vou mallar en canto a vexa...
desexando xa que chegue o apóstolo pa ver a todos (mmmmmm, perdín a camiseta! nn me riñades, éq taba afectada..)
e como dicía no anterior post: un exame máis, un cate máis...fisio: 4.8!!
digo eu....q fago agora?? pois teño q ir á revisión evidentemente...q día é? 16-17 de xullo...vaia! cadra xusto coas vacacións familiares en París e Nantes! e con todo o meu pesar, kedo na casa soa (sola en casa)...sabendo de antemán q nn me regalan dúas décimas nin de puta coña eses...fisiólogos! e claro, tereime kedado para nada, farei un viaxe de balde e desesperarei (normal, por outra parte). Seguramente me dea un brote psicótico, me volverei unha desekilibrada (máis), e ensimismada collerei mákinas de granizado e a lanzarllas ós coches de todos, q estes nn me coñecen! e se nn hai, pois de helados, q me da igual (brillan o mesmo..), e fuxirei en plan Too fast, too furious...
en fin, paridas a parte e falando seriamente, nn me subirán as 2 décimas e cagpiiiiiiiiiiii na súa ppiiiiiiii piiiiiiiiiiii, todos fillos de Babilonia!! piiiiiiiiii pa eles, diopiiiiiiiiiiiiiiq os piiiiiiiiiiiiiiiiii
e irei a setembro tendo q estudar de novo a asignatura q mens me gusta, q máis odio, q mens me apetecía estudar e dos profes q mellor me caen e dan clase, é asi?
e agora ken me di q nn existe a mala sorte? nas vidas do resto do mundo non, xq a teño eu toda!!
máis merpiiiiiiiiiiii
piiiiiiiiiiiiiiiii
e como diría o camarero do Madison: MOITA HERBA!
adicado a Alberto, o amigo de Carlos, xq ríome coma se o entendera pero en serio q sigo sin saber cómo chegou antes...un misterio sen resolver...o puto amo e punto
ata q me emparanoie de novo
martes, 3 de julio de 2007
tinto de verán
só podía pensar: Acuñaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa, como...nunha exposición itinerante!aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa, e se..aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa, jaja
e como só queda un exame, e deixando a parte q aínda tño q estudiar pa él coma unha cabrona, tou feliz. Senta ben esto de vivir nun mundo propio, sen enterarte de qué pasa no mundo e sabendo o xusto e indispensable: O MUNDO DA IGNORANCIA!!
e propúxenme elaborar oxe (xq está claro q nn vou renovar ata....despois de Ortigueira) unha lista de obxectivos para o vran (q x certo, xa chegou, a pesar do q poida parecer):
1.Qitar as ke me keden (qxa me vai levar o seu tempo). Perdín capacidades???
2.Ir uns días de relax á plaia, xq a tño diante da casa e ad+ haise q poñer morena!
3.Ir de vacacións coa familia a Francia do 14 ó 21 (q nn cunda o pánico, para a noite do meu cumple estou akíiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!)
4.Sacar o carnet de coche, awantando a Manolo da autoescola: "non o deixes morrer á miñoca Finta!!","suéltalle q a ti jústache moito pisarlle","tercera!"
5.Poñer en forma a perna, pa poder montar nos toros de feria se me apetece...
6.Non dormir nas festas do Mar (último finde de Agosto), xq nolo merecemos!
7.Percorrer as festas da zona, como ben fixems o ano pasado
8.Roubarlle o chico-pis a Miriam. Espera.....eso xa o fixen?? jajaja...
9.Estar con Kike xq significa FESTA, e bailar facendo o gilipollas, qme colla no colo e caiamos ao chan...en fin, os 2 paiasos xuntos outra vez! e qué sería do resto sen nós???
10.Averiguar xq hai plumas de gaivota no noso salón en Santiago!
11.Planear o crime perfecto para matar a Acuña....xa o empecei!
12.Volver ensaiar baile galego co grupo, e non solo presentar as galas (menuda presentadora fajo!)
13.Buscar a motoserra da asturiana
14.Pensar como facer pa cnsejir cartos sen traballar...
15. Ir ó concerto de Fito. Ai non! q vale 40 euros!
16. Ver ós nenos de Pucela (ó puto pringao de Barra, kerÓte cariño)
17.Falar seriamente cn Fran dunha vez, xq x algo sería o meu marido perfecto...
18.Q veña Alba de Tarragona e bailar "Carnavalera" nas tarimas (e a poder ser nn caer delas!).Tb estaría ben bailar un novo éxito chamado "Guaraney, guaraney, guaraney...la tierra del sucu-sucu"
19.Ensaiar outro poukiño a jitarra, xq fai q nn lle fajo moito caso
20.Acordarme dun ano máis sen Vilarbó, e entender xq era tan importante romper a nº13!! (sejuro q aos k nn sabedes o ke é vos come a curiosidade...a safarse!)
en fin, un vran completiño, oq se di
e ós da clase....: Porque no existen heridas q me impidan sonreír
cuando entiendo q algún día nos volveremos a unir
o q me keira algo...q me buske venres en ORTIGUEIRA! e se é ó final da noite estarei incrustándome os pulgares nos globos oculares...trankilos, nn será un novo método de autoflagelación x suspender metade das asignaturas, senon q seguramente me faga falta estimular o parasimpático (a quen me entenda)
BICOS
TIKITI..
Adicado ao meu canario Bartolo Jesulín (RIP), xq aínda nn me podo creer como as primas, miña irmán e eu fomos tan sumamente capullas de poñerlle ese nome..
jueves, 28 de junio de 2007
renaciu
Foi entón cando ela se percatou: xa non estaba. Pasara meses e meses intentando botalo fóra, restrinxir a súa presencia na súa cabeza, na súa mente, no seu corazón, no seu ser. Fora imposible. E era agora, cando se dera por vencida e se afixera a aturalo desperdigado nela, moi a pesar dos seus esforzos, cando se ía. Resultaba irónico que cando nos resignamos e asumimos os feitos, incorporados xa ó noso día a día, é cando desaparecen..
Iso que facía xa tempo que nada era o mesmo. Cando cambiara todo? Probablemente cando a balanza se decantara polo lado da dor...Xusto cando lle voara a telaraña de tul que tan sofisticadamente teceran as mans das arpías gregas, deixando ó descuberto ás meniñas bonitas e...desengano! O golpe foi duro. Naquel intre encabezonárase en sacar cada detalle do cráneo. Non legarlle nin unha milésima de espacio, aínda que fose abstracto...pero o intento converteuse en obsesión e saiulle mal a xogada, xa que aumentaba aínda máis en volume. Porque a ferida había que recompoñela a anacos, e non súpetamente.
Finalmente, asumiu que sempre interpretaría un papel na obra de teatro da súa vida, pero sería como un mero recordo de sabor agridulce, que tivera a súa importancia, pero que marchara por voluntade propia...ocuparía un lugar, pero só o que agora lle correspondía, porque todo cambia.. Aquel recuncho que lle pertencera sería da nada durante infinito tempo, porque crebara a súa capacidade de querer.
E ela, dando pequenas caladas a este cigarro que é o camiño vital, reaccionou: o seu xesto mudou. Palpouse. Non podía ser. Correu cara un espello e ollouse. Era certo: SORRIA!! recoñecíase de novo, era ela. E pensaba: "aí estás, benvida". Quizais porque a súa identidade nunca lla quitara ninguén, e rematara o crebacabezas que a tivera enfrascada. Estaba triste, pero dou o traballo por rematado e asolagouna un sopro de aire fresco. Predeciu que xa non tería recordos de futuras tardes de bágoas...e soamente puido murmurar:
-Grazas, home invisible
Adícado a aquela fada de cabelos loiros, que cabalgaba enriba de Venus, e me persigue como a miña propia sombra para protexerme dos males que se me achegan como imán da mala sorte. Quítame o gafe. Hoxe acordeime dela. Quérote Iria.
martes, 19 de junio de 2007
ás 11 no trasgo
-Non se pode saír coas copas a fóra
-Xa, xa (joder, veño sempre pesado..teño esa cantinela máis q sabida!)
Pasas e ese cheiro a......esa nube de fume, a música (cualkier día.....). Rápido, botas un vistazo e albiscas o recuncho da dereita....."Aí están". Sensación de trankilidade e de "chejei! estou na casa." Escoitas:
-Ei, mira kén vén! Finta!
-Fins!!
e comezan:
-Fiiiiiiiin ta, Fiiiiiiiiiiiiin ta! (sejuro q foi Noa)
e despois unha serie de paridas reenganchando coas q xa se estaban dicindo
Ris...ris e ris (sempre te tas rindo), saúdas a todos, e: "vou pedir. Xa veño"
e según vas cara a barra percátaste de ke estás a justo. Es feliz, si. Pásalo ben. E sínteste moi ben.
"ésta será unha jran noite......e as ke kedan!"
asíq si. É mítico. Ás once no Trasgo.....
Agora q remata o curso, un recorda os bos momentos, e os amijos q fixo (q foron abondos, e bos!). Pero é un consuelo saber q kedan anos e anos para sejir chejando tarde.
Este vai para todos os q vos destes por aludidos co artigo.....todos e cada un.
E olvidaba q merecen tb mención unha dehiscencia xornalística q tb tivern (e inda teñen eh, q conste) un lugar nos grandes momentos do ano..refírome a todos akeles q me acolleron tan ben (casi todos, xa se sabe) no Magosto dos CAF (e digo eu: había castañas?? en serio!). Ós q estivestes (jracias por aturarme toda a noite, a pesar de estropearvos chaketas e resto de roupa), ós q nn estivestes (q debiades ter ido...había un tío en sujetador coljado dunha varanda!), e ós q estivestes e eu pen sei q non (psssss...en fin). Conto tamén con vós para as festas futuras..
Un jraaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaan bico a todos e todas!!
PD1: hai q ver Pequeña Miss Sunshine, a última boa peli qvin desde Salvador
PD2: GAÑADOR DO GRAN CONCURSO DE PIROPOS!!! a votación vai moi ijualada, asíq polo de agora os 3 finalistas son: Amil, Discóbolo e Fo...ala, a demostrar a valía!
PD3: a dos moskeperros anima a clakera......ou non? eu sempre penso nela! e máis agora q todo me vai "tan ben"
domingo, 17 de junio de 2007
nictalopando.....a moza cadáver
Yesterday, all my troubles seemed so far away
Now it look as though they're here to stay
Oh, I believe in yesterday
Suddenly, I'm not half the man I used to be
There's a shadow hanging over me
oh, yesterday came suddenly
Why she had to go I don't know, she wouldn't say
I said something wrong, now I long for yesterday
Yesterday, love was such an easy game to play
Now I need a place to hide away
oh, I believe in yesterday
Why she had to go I don't know, she wouldn't say
I said something wrong, now I long for yesterday
Yesterday, love was such an easy game to play
Now I need a place to hide away
oh, I believe in yesterday, Mm

e adícollo a Gabi.
Seguro q hai vida despois disto? se son capaz vólvome resucitar, e se o fago mal nn deixes de susurrar..
PD: e recordemos q segue en pé o concurso de piropos dun par de entradas para abaixo...o premio é suculento
viernes, 15 de junio de 2007
e pechando os ollos vems q calkera tempo pasado foi mellor
Tempos en ke un o máximo en ke pensaba era en levantarse o sábado á mañán pa ver Punky brewster (q parpadeaban as letras, jeje), q levaba un calcetín de cada color..e todas esas series míticas, xa q as de agora son un asco, tipo: Dragon Ball (o q ten medrar e criarse cn Javi, q me inculcou a play tb), Jatori o Ninja, Doraemon (q o ke keira saber o final da serie q vaia a vosmolades.blogspot.com e o buske), o Capitán Planeta, o Detective Conan (q me enterei o outro día q era pekeno por unha maldición, informes de frikilandia..), chicho terremoto (este molaba eh), guerrero Luna (cántas tardes xogando a estas choromicas ché), a tribu dos Brady neses vrans ca prima Carla, e os favoritos: OLIVER E BENJI!! jajaja..(Marc Lenders seje ijual de atractivo aora q antes, conste), neses campos de fútbol interminables, en plan parábola, q taban hora e media pa ir dun lado ó outro...en fin!
ou cando o peor q nos podía pasar era sacar un NM, alaaaaaa! todo PA, jeje..e ir de excursión ó Domus, a casa das ciencias, e cando abriu o acuario...novidade! o mellor era ir no bus, qben se pasaba! sempre patrás de todo q taban os ways...pffff!
ir cantando pa casa no bus todos xuntos, mens cando se nos dou pola sintonía de Esmeralda.. con Simón decindo sempre: ola rubia! (cousa q nn entendo aínda hoxe), e Adela colocándonos a todos nos sitios pa q parásems kietos, jiji.
Xogar ó brilé; a tres navíos a la mar; a pi1, pi2, pi3; ó paredón no muro da ancla...ou ó fúbol na fonte e a Parranchola por detrás: xojar á area!!! jajaja
época en q non había responsabilidades, e un nn tiña remordementos de conciencia, se non inconsciencia de todo o q sucedía ó redor..sen problemas nin agobios, esperando a chegada do cumple e o Nadal polos rejalos!
AKELES TEMPOS..cómo se añoran oh....
desvariando pa desconectar, simplemente
PD: segue en pé o concurso de piropos da entrada anterior, participade...un bikiño
FINTA
sábado, 9 de junio de 2007
GRAN CONCURSO DE PIROPOS
ocurríuseme un día, de tantos, con Luís, Mateu, Jon, Fermín..q decidiron largar todos os piropos q sabían, e foi asombroso..cánta sabiduría gardada! deles espéranse grandes cousas neste concurso!
o xurado (Eva+Patri) escollerá ao gañador, q levará de Premio.......mmmmmmm.....depende de quen sexa! será personalizado ok?
nada máis, agardando a vosa colaboración...e non vos cortedes eh!
PD: Rastas, quén actualiza agora? chincha....
domingo, 3 de junio de 2007
recapacitando
E tes ovarios
pulmóns
riles
uretra
intestinos
trompa de falopio?
Nun mundo tecnolóxico no que somos fundidos de máquina e organismo, no que cada vez somos menos corpo e máis virtualidade, próteses e códigos numéricos, no que os virus informáticos, a cirurxía ou o terrorismo marcan novas pautas (trans)políticas, a identidade descomprímese polimorfa.
Onde abandonar o corpo?
No museo que hai no reverso da pel...a carne contra o cristal...en atmosfera controlada. Agarda o sinal para pronunciarse. Para pronunciarme.
Constrúome deconstrúome reconstrúome
Míraste e diste que sen dúbida es alguén. Que ese do espello es ti. E es ti, pero non hai ninguén.
Este adícollo a César, por introducirme no mundo cultureta e metafísico...
domingo, 27 de mayo de 2007
ABRAZADO A LA TRISTEZA
vi lo que no mira nadie y me dio vergüenza y pena.
Los llantos desconsolados que estrangulan las gargantas;
los ancianos encorvados: parece que la tierra les llama.
La justicia está arrestada por orden de la avaricia;
el dinero que te salva es el mismo que te asesina.
No me des más esperanzas: sé que todo son mentiras;
sacos llenos de agujeros para guardar alegrías.
Me da pena que se admire el valor en la batalla;
menos mal que con los rifles no se matan las palabras...
menos mal que con los rifles no se matan las palabras...
Fito e os Fitipaldis
penso q é unha canción coa q recapacitar bastante e amin fíxome pensar..
o día 21 de xullo (qgran día, nacimos uns cantos nenos prodixio, coma pakirrín e Carlos, está claro) están en Santiago, para oq lle interese, xunto cn calamaro!
este vai de despedida xq agora comezan os exames duros, co cal seguramente nn haberá tmpo de vi escribir moito..grazas a todos por participar e xa sabedes q estou en tikiti_fins@hotmail.com, e para urxencias no móvil (nn o vou poñer akí, ta claro..)
adicado a Luís Jar (gran filósofo), Jon (xq el mola), Fermín (ilustre motero), Carlos (q decir do meu ídolo nn?), Aitor (famoso guitarrista de Ekos, gustador de óvos fritos), Mateu (Mateu só hai un), Álvaro (jeje), Ali (formalismo personificado), Yoli (medio mami), Carlota (ta mal da calota), Laura (tremenda coma ela sola), Tami (qme cuida os xoves), Iria (a puntual de Iria), Noa (de cacharel..vaime matar!), Boiria (cn faceta poética), Sara (Alicia? nooo), e, por supostísimo, á asturiana (xq nunca atoparei a mellor maneira de pedirche desculpas polo plaxio á vosa mítica canción...)
a todos por formar a mellor pandilla q houbo en anos..vós molades!! a seguir así (e peor) para o ano próximo! un placer
Finta
domingo, 20 de mayo de 2007
pásame só a min??
sei que haberá moitos de vós que teredes clarísimo a quén apoiaredes, pero eu teño un cacao monumental (espero nn ser a única..), ao cal axuda enormemente ser unha PP (Paleta Política, Paleta Política, susto eh?). Penso que un sempre ten unhas tendencias marcadas, unhas ideas q o fan decantarse por certo "lado"(e sempre axudan actuacións estelares de certos políticos falando, por exemplo, de tomar uns cacharriños, qué carallo!), iso vai na educación e xeito de ser, pero dentro dese cerco un ten q decidir entre varios partidos, e iso xa é máis difícil. E a quén pedir consello? os pais nn keren influír e deixan a un ó libre alvedrío, os amigos, bueno, tampouco éq falems de política diariamente e, en tal caso, o que o resto opine quizais non me convenza demasiado..
o de lerse tódolos programas tampouco serve de moito (xq a maioría son promesas e hipóteses de futuro q nunca se sabe se chegarán a porto), ademais de que nunhas municipais dun pekeno pobo, a xente mira máis a persoa que os ideais partidistas a gran nivel, pero tampouco éq saiba eu moito sobre os candidatos, pois a varios non os coñezo nin de vista, e o resto non éq teña relación con eles, básicamente porq podían ser meus pais e nn teño x costume ter colegueo con persoas q me kedan tan lonxe, temporalmente falando
e se tampouco hai un partido que aúne tódalas peticións dun? se convencen algunhas iniciativas dun, outras cantas doutro...qué se fai? forma un mesmo o seu propio partido? vota en branco? non vota? iso nunca, despois de tantos anos loitando polo dereito ao voto feminino e tiralo agora como se tal cousa!! non non, se cadra o q un fai é estar perdida coma min, e cunha mistura na cabeza incrible, cargando cunha nova responsabilidade ás costas (outra máis, os malditos 18).
Pode que sexa que eu lle dou demasiada importancia, que son unha paranoica e agobiada por menudeces, total, ó fin e ó cabo, o voto é secreto e só un sabe se o que acaba de facer foi unha barbaridade da cal se arrepinta, e entón ter anos para ir cambiando a súa opinión. Tamén se aprende non?
vós opinades...
este vai para David, Paco, Santi, Duarte, Manuel de María, e mesmo Coki, por axudar a q a miña confusión sexa incluso maior do q pensaba..e ser os primeiros mentores políticos que tuven. Jrandes meus, jrandes!! un bikiño a todos
Eu dixen.
PD: xa actualicei!!
lunes, 7 de mayo de 2007
cuestión de sorte
a resposta xa nn o é tanto..por un lado están os que din: "iso nn existe, son chorradas, todo superstición...", e os que cren nela ata o extremo, que lle atribúen todo oq ocorre a ela..
pois eu nn sabería por cál dos dous grupos decantarme, sinceramente. Home, claro está que non son dos que cre que todo o que sucede se debe a unha especie de forza suprema ou polo estilo, pero quén nn pensou algunha vez, por remota q fose, que algo pasado se podía deber á sorte? ós que digades non, non vos creo.
E cando digo sorte refírome tanto á boa como á mala..
Situacións desas nas que escoitas a alguén contar todos os "desexos" que se lle cumpriron, ou incluso que unha cadea de boas novas o sorprendeu sin que sekera o esperase..a quén nunca lle carcomeu un pouco a envexa? digo envexa sana, qt podes alegrar por esa outra persoa. E xa nn digams se o que lle pasa á susodita persoa é o que nós anhelábamos...entón xa pensas directamente: "menuda sorte!" e a envexa percórrete, pero esta vez pode nn ser tan sana :"qué inxusto", "por qué a ese/a lle pasa todo o bo?"...e entón é cando aparece a outra: "qué mala sorte teño.."
Quizais me digades que son eu soa, a rara, a única que o pensa, pero quero crer que non. E tampouco me avergoñaría xq non creo que poidan sucederse unha serie innumerable de casualidades xq sí..claro que entra en acción a probabilidade, e o azar, por suposto, pero unha pekena proporción ocúpaa a sorte..ou non? por moi ínfima e insignificante que sexa, ela sempre está aí..ninguén é quén de roubarlle o posto
Podedes pensar que alguén racional non faría semellante razoamento, que digo isto porque nalgo hai que crer..pois se cadra estades acertados, pero éq os que me coñecen ben saben que eu nn son alguén racional precisamente!!
Este adícollo á Patri, fiel amiga toda a vida, da cal nunca me separei e, según parece, nn o farei, aínda q keira, jeje..e coa q compartín momentos tan especiales e inolvidables como cando caín ó cemento de cabezas, cando se comiu o chan coa cara, cando lle deu apendicite, cando caín dun búfalo de feria e jodín a rótula ou cando tirams un café cn leite nun libro de 80 euros. Por todos eses recordos maravillosos, tódolos demais e xq es outra das irrepetibles..gracias banadita!!
jueves, 3 de mayo de 2007
é o día
este vai para meu avó Carlos, que estivo privado desta liberdade durante 8longos e escuros anos, x valente e defender o seu dereito de opinar. A él.
Eu dixen
martes, 1 de mayo de 2007
un micromundo
se un recapacita, os q vivimos alí podems afirmar que é realmente un mundo a parte, un micromundo no último recuncho do planeta, e certamente, o q pasa alí nn pasa en ningún outro lado..
para comezar hai unha canción expresamente escrita para o pobo, "malpica ten, todo ten", a cal nn vou escribir por 2motivos: un éq nn a sei, dous q é preciso escoitala...para o q é moi apropiado oírlla ós tan famosos "3 de Malpica", grupo de 3homes, xa cuns aniños, q amenizaban festas e demais romerías do pobo...ao son da música levaban un bailiño, ben pegadizo, que consistía nun pekeno abaneo de cintura e pelvis adiante e atrás. Agora teñen varios imitadores, destacando Jose Fariña, Kike Ousinde ou Walter (Tolky, pos colegas), pero non lle chegan nin á suela dos zapatos...akeles tempos nos que todos sabían as súas cancións, nn vai haber outros igual!
Temos as Sisargas, 3illas pekeneiras, onde viven mooooooooitos araos, e é pobo peskeiro, co que ole a mar sempre ( se ta marea baixa apesta a dársena, pero eso son mínimos defectos q lle dan ata gracia).
é un pobo duns 3000 habitantes, onde todos nos coñecems, somos coma unha gran familia. E cando digo isto refírome aq calkera cousa q pase, a familia vaise enterar. Seguro. Non intentar sekera q nn se saiba, ao día seguinte todo o pobo será coñecedor de se houbo unha pelexa, se se formou unha nova parexa, se outra rompeu..e ademais as persoas específicas en cuestión..esta labor lévana a cabo as tan populares REXUBEIRAS(os nomes nn os poño, q os q sodes de alá xa sabedes de ken falo, aínda q se rumorea q abundan na zona residencial, tb coñecida como Atalaia...-é coña, nn me malledes-), q corren a voz de calkera rumor, e trankilos, se un día non pasou nada interesante, invéntase, qué carallo! o caso é meterse na vida do resto..
O conto é q abundan o que se chamaría "personajismos", dos cales nn mencionarei nomes, sería demasiado vulgar pola miña parte, parecería qme río deles e nin moito mens, xq os da nosa pekena panínsula somos irrepetibles e en extinción, uns poucos elixidos...
hai ken vai correr á praia tódolos días, chova, faga sol, trone..a vocación é firme amigo. Hai tb ken colecciona pinzas da roupa, que é, xq non?, unha manía coma outra calkera. Hai quen, sen cobrar un peso, actúa de segurita dun bar, por exemplo, estando as 24horas do día dando pekens paseos pola acera en busca de calkera apariencia de malas intencións, iso si, ós q coñece bótalles unha risiña (algo estremecedora..). Hai quen, por mor da súa protección fronte ós pekens rebeldes q andan á xogar ao q alá se chama "mano negra", gardan unha macheta preto, x se hai q saír cn ela perseguindo á panda de moinantiños. Hai ken pon verán e inverno un sombreiro na cabeza, negro, dos de ala ancha, e vai asubiando tan potentemente q se recoñece a distancia (e máis eu, q falams de meu pai). E moitos outros cuxas andanzas nn poñerei neste artigo xq sería abordar intimidades, pero realmente incribles, só pasan no meu pobo.e eu nn cambio a ningún deles por nada do mundo, son especiais e punto!
Tems tamén, as novas xeracións, o vicio de empregar as mesmas expresións..hai unha nova cada mes, coma ken di: fártaste, é-la jefa, pasa pa terra, dous dedos de frente, esto é unha casa keimada, non paja a bala, astromanguismo!...(creo q agora é : "estás calzando", a última q eu me enterei, o significado déixoo á libre imaxinación de cada quen). O noso saúdo non é nin un: hola, q hai, como vas ou nada do estilo. Nin sekera nos molestams en ter un xesto q nos identifique como pasa nalgúns lugares próximos. Non, para qué tanta molestia? erguems levemente a cabeza, un movemento pekeno de cuello, o amago de levantar a man e, cun pouco de sorte, un leve "ei", coa boca medio pechada.
e supoño que o máis característico é o CHÉ fantástico, polo q o resto da xente nos recoñece...eu supoño q o traerían os emigrantes q foron a arxentina e sudamérica en xeral..En fin, único.
é simplemente a VILA DA VIDA NA COSTA DA MORTE, e os q nn a coñezan nn saben ben o q se perden. Non é a máis bonita, nin a máis grande, nin ten tódolos servicios, pero para min é a mellor, ché..
este adícollo a eviña, xq non sólo é perfecta, ademais é de malpica, jeje...e xq me soporta tódolos días neste piso..escóitame, bérrame e reñe se fai falta, pero a maior parte do tempo rise (ao que contribuíms patri+eu), e así leva 10 anos ó meu lado..xq é aq sabe usar a lavadora, e xq é outra das irrepetibles!
eu dixen.
lunes, 30 de abril de 2007
e dicía...
Otherside
How long how long will I slide
Separate my side I don't
I don't believe it's bad
Slit my throat
It's all I ever
I heard your voice through a photograph
I thought it up it brought up the past
Once you know you can never go back
I've got to take it on the otherside
Centuries are what it meant to me
A cemetery where I marry the sea
Stranger things could never change my mind
I've got to take it on the otherside
Take it on the otherside
Take it on
Take it on
[Chorus]
Pour my life into a paper cup
The ashtray's full and I'm spillin' my guts
She wants to know am I still a slut
I've got to take it on the otherside
Scarlet starlet and she's in my bed
A candidate for my soul mate bled
Push the trigger and pull the thread
I've got to take it on the otherside
Take it on the otherside
Take it on
Take it on
[Chorus]
Turn me on take me for a hard ride
Burn me out leave me on the otherside
I yell and tell it that
It's not my friend
I tear it down I tear it down
And then it's born again
[Chorus]
How long I don't believe it's bad
Slit my throat
It's all I ever
benvidos ó outro lado, o lado escuro....
como prometín adicarlle cada parida q publique a alguén (o prometido, xa se sabe..), a partir de hoxe será ritual.
Este vai para sofi de Corme (acompáñaa sempre a soledad, nn si? para q nn estea sola), q colle areas no noso piso e trae trankilidade ás nosas vidas..e, xq non?, nos carrexa ata o trasgo desde a alameda..por todo, gracias soreme!!
martes, 24 de abril de 2007
depende
quizais sexa certo o tópico de q estamos nunha idade na q cremos q xa o sabemos todo, ou case...pensamos q xa temos vivido o suficiente como para saber de qué van as cousas, entender cómo funciona o mundo e q sabemos defendernos ante calquera adversidade que se nos poña no camiño, e nada máis lonxe da realidade...
Certo q estamos madurando (algúns, outros non), supoño q é o máis normal nesta etapa, pero quédannos anos e anos antes de ser realmente adultos. Estamos comezando a vivir fóra da casa, independizándonos (só emocionalmente, o ámbito económico é outro tema), e a nosa personalidade márcase cada vez máis...pero ese é só o primeiro paso, e crer q sabemos moito é un erro q moitos cometemos. Se estades neste punto, por favor, non dubidedes en recuar, q ningunha mostra hai mellor de madurez e sabiduría ca esa. Eu aprendín fai pouco q todo depende do punto de vista dende o que se mire...Por exemplo: a pena de morte. Eu sempre estiven totalmente en contra, e seguireino estando sempre (isto non se pode saber), pero ser radical(q según parece eu me volvín) en tódalas posicións denota ignorancia. Hai que escoitar(ou sequera finxir que o fas, jeje) á xente q nn ten a mesma opinión que ti..e dígoo xq en ocasións, esta xente ten argumentos totalmente válidos e razoables, a pesar de que un nn os comparta) Cada cal pensa diferente, qué aburrido sería se todos pensasemos igual...
O que eu nn kero facer é asumir o de: a vida é así..que hai nenos de 8anos traballando de sol a sol, cargando caixas que pesan o doble que eles e que non se pode ter un ápice de caridade con eles, por se se acostuman e logo nn rinden? hainos q ter coma animais, q así non se desbocan...e dinme: "Finta, a vida é así, nn se pode facer nada..." unha merda!dise xq nn somos un deles...e rinse do ilusa q son pensando q eu podo facer algo por esa xente esclava das mans dos poderes monetarios....pois eu nn me río, choro pensando o triste q é asumir q a vida é asi, xq non nos doe, xq nn nos pasa a nós nin a ninguén dos nosos...pero eu, ilusa de min, sigo pensando en facer todo o q poida, e o primeiro será non cambiar e nun futuro seguir pensando q quizá alguén se queira sumar á miña utopía e camibiar o mundo (nn me refiro a dominalo nin eses soños de poder, xa me entendedes...)
ala
P.D.:o próximo está reservado a akeles q inda nn saiban q o escote nn é un lapicero, querido Aznar
lunes, 23 de abril de 2007
o q diga miriña
Amarás a Óscar sobre todas las cosas.
No tomarás el nombre de Óscar en vano.
Irás a todas las fiestas (como haría Óscar).
Honrarás a Óscar y a su hermana.
No matarás, a no ser que te lo pida Óscar.
Cometerás actos impuros, son los mejores.
No robarás, harás que te inviten.
Si hace falta mentirás como un cabrón, todo por el prójimo.
Provocarás pensamientos y deseos impuros.
No codiciarás los bienes ajenos, harás que te los regalen.
Estos 10 mandamientos se cierran en 2: amarás a Óscar sobre todas las cosas y a Óscar sobre ti mismo.
7 PECADOS CAPITALES
Castidad : que?
Templanza : Come lo que te salga del culo, ya lo quemarás
Diligencia : Sólo si hay posibilidad de sacar partido, si no tomate tu tiempo.
Paciencia : Con ella no se llega a ningún lado, con ostias si.
Caridad : Ponlos a parir, te sentirás mejor.
Humildad : Que ni siquiera entre en tu vocabulario, ERES EL MEJOR.
Generosidad : No des nada, y si puedes roba algo más.
en el nombre de ÓSCAR... AMEN
domingo, 22 de abril de 2007
é inxusto
ben ceto é q tódolos q facems mdicina sabiamos onde ns metiamos, pero nn é así totalmente. Sabiamos q era unha carreira dura, pero nn q tivesemos algúns días ata 10 horas de clase, q por deus, iso é explotación...tiñams q cobrar un salario só por tanto tempo encerrados nakel edificio q, se por unha parte é moi bonito con ese ambiente de vello, pola outra, por ese motivo cae a anacos...Confeso q os días despois de derrubarse unha aula eu nn facía senon mirar para o teito e as grietas (q abundaban) das paredes....
e non é iso o peor, senon q chegas a casa e aínda te tes q poñer a studar..é como unha espiral de traballo da q nn se poe escapar..nn hai nin un momento para un. Nn se pode nin saír un xoves xq o venres hai clase a primeira, as 8 e media, recuperando algunha hora, seguro, pois hai profesores q ata recuperan os festivos...
Ademais, nin sekera se pode facer unha pandilla de xente coa q te leves, pois somos tantos q cada un anda e mira polo seu..e o de que hai rivalidade é algo certo, pois aínda q eu podo presumir de levarme ben cn bastante xente (todos os q coñezo), xa teño escoitado a algúns cagarse nos q sacan mellores notas xq poden roubarlles as matrículas....nn sei, nn pode xirar a vida en torno a unha soa cousa, hai q vivir un pouco nn...o caso é ser feliz!
pero a guinda xa é o dos enchufes, xq no resto de carreiras nn sei, pero en medicina haino e moito....persoas q estaban suspensas e lles chega unha mensaxe ao móvil rectificando, e resulta q son fillos de médicos todos...ou q unha compañeira da clase do lado teña a opotunidade de dar ela a clase, q ai q fastidiarse!!
Aínda por riba, a algúns personaxes costa aturalos, a saber q fan dando clase! o de historia da medicina é do opus, pero ademais nunca se sabe de qué fala, conta a súa vida (q a min me interesa m8, evidentemente).Este especimen é obstetra, xinecólogo, e é tan sumamente askeroso q pregunto cómo hai xente así polo mundo. A última foi cando contou...:"Las monjas de clausura sn las peores, es entrar y ya se remangan de falda q da gusto..." cunha risiña na cara, como se fixese gracia, e caéndolle casi un fiiño de baba por un lado..rememorándoo na súa cabeza retorcida...puag!ben seguro q ese señor nn me vai tocar a min un pelo nunca....eq...porco!
nn sei, haberá en todos lados de todo, pero dende logo, os q estudiamos para médico tems pura devoción, xq nn lle atopo outra explicación
ala, ai está
Lino
sábado, 21 de abril de 2007
será lei de vida
P.D.: q este párrafo sexa do máis cursi e sentimental q hai nn tira abaixo a miña reputación de BORDE E VACILONA, KE KEDE CLARO! isto vai por algún como coki,david, ou mesmo o meu pito, q xa o conozo
ala, ata a próxima xente

