jueves, 27 de septiembre de 2007

nivel 1

sempre se nos educa intentando ensinarnos cómo debemos actuar na maior parte de situacións que se nos presenten, pero non se nos explica claramente que, a pesares de toda a aprendizaxe, haberá certos momentos nos que non entenderemos o que sucede e ninguén poderá estar connosco para dicirnos "fai isto" ou "fai o outro", porque finalmente somos nós mesmos os que decidimos...E cómo nos gustaría que nos seguisen instruíndo! Pero non é así, e hai que afrontar os feitos e tirar cara adiante..e ser forte sempre. Con isto non quero dicir que un non se poida afundir ou que non lle vaia importar (tampouco me refiro a finxir), pero a vida sigue e nós con ela. Son historias que vemos tódolos días: golpes da natureza que arruinan vidas, empeoramentos da saúde (incurables ou non), desengaños, ou simplemente vanas decepcións con algunha persoa tida en alta estima...todos eles membros inesperados dunha lista que probablemente se extendería en follas e follas (virtuais neste caso). Quizais a nosa escasa experiencia sexa o que provoque que todo nos afecte demasiado, pero din que se aprende a base de golpes...o que non resulta en ningún caso tranquilizador, sinceramente.
Seguramente podería pasarme aquí varias horas facendo reflexións, pero tampouco penso que mereza moito a pena. Ademais isto quédase nunhas poucas palabras que non me arreglan nada. As palabras sempre as leva o vento (afágome con famosas expresións...), e o que conta son as accións. Menos mal que por agora podo ter a conciencia ben tranquila, pois as miñas accións expresan literalmente o que din as miñas (abundantes) verbas.
E iso non é pola miña inocencia...ou se cadra si.

Agora voume que, como sempre, chego tarde...

Adicado a Sonia, xq vai ter que aguantar ao primo Fernando toooooooooooooooda a vida...jeje! diría que felicidades pero sóname tan tópico. Así que, a pasalo ben!

Un bico...
TIKITI

martes, 11 de septiembre de 2007

non importan, non?

esta é a pregunta que me fago dende fai xa ben tempo...penso que dende que teño uso de razón. Realmente non importan as apariencias? porque ao parecer todos estamos moi ben acostumados a dicir : "o que importa é o que vai por dentro", pero pensámolo de verdade? Estou case segura de que non é así. E soará frívolo pero sempre importa o aspecto, sempre! está claro que na decisión final o que conta é o interior, pero de primeiras non é así. Non o neguemos! O certo é que moitas veces catalogamos as persoas polo que percibimos cos sentidos. Sucede tódolos días! Ás entrevistas de traballo, por exemplo, a xente vai cunha indumentaria que pretende causar un bo efecto visual, moito máis arreglados do que un vai normalmente pola rúa, porque desa primeira impresión que causen dependerá en parte o seu sustento. Quero dicir que tan importante é a imaxe que obriga ás veces a que unha teña que deixar o seu estilo na casa e queira parecer quen non é (enténdase vestindo, que xa sei que unha persoa non vai cambiar a súa maneira de ser por agradar...ou si, pero non é ese o tema ao que me refiro hoxe).
E de todos é sabido que os de Medicina son uns pijos, os de Dereito van traxeados, os de Informática son unha especie de bichos raros, os de Xornalismo son os liberais, e os de filoloxías son uns desaliñados...e probablemente digades "iso non é certo", pero en gran proporción se cumplen estas afirmacións! non sempre, pero como dicía témolos catalogados, nunha especie de estantes mentais separados, ou algo así. E nas relacións que se entablan entre un grupo de persoas por primeira vez, cántas veces se nos veu a cabeza "este é un gilipollas!"? Quizais logo chegamos a coñecer a esa persoa e non era así, pero poida que nin sequera volvamos a coincidir con ela, e esa sensación é coa que nos quedamos.
Ou na sociedade mesmo xa se fala de "hippies", "góticos", "surfers" e non sei que máis! como se existise unha especie de clases vestimentais...eu, sinceramente, non sei a qué grupo pertencería eu, xa mo diredes!
E cóntanse por milleiros as ocasións nas que un se guía polas pintas, como se soe dicir. Non vou mentir dicindo que non me ten pasado de ir soa de noite pola rúa e teña acelerado o paso por ver a alguén cun aspecto raro, oscuro ou, simplemente que eu considere sospeitoso. E posiblemente sexa unha gran persoa e sexa unha chorrada o que fago, pero é instinto! que poida que non fixera o mesmo se o individuo (ou os) estivesen traxeados ou vestisen de amarelo limón, en vez de todo de negro e cun gorro e guantes...
E non fai falta que mensione sequera a relevancia do olfacto nas relacións sociais nacentes, ou si?
Ben, creo que queda bastante patente o que quero expresar con este artigo..
E agora quero que olvidedes todo o que acabades de ler e repitades conmigo: O QUE IMPORTA É O INTERIOR! isto escribiuno a miña conciencia, a que a vosa berra xusto o mesmo?

Hoxe adícollo a Luisa e compañía, porque foron o exemplo máis evidente de que as apariencias e o que pense o resto importa unha verdadeira merda

un bico, a mononeurona de Finta