lunes, 31 de marzo de 2008

nivel 3: inocencia interrumpida

Plaxio do título dunha peli de Winona Ryder e Angelina Jolie, bastante mediocre e rara por certo, que eu como cinéfila empedernida me vin obrigada a ver, pero noutro uso que me parece tanto ou máis axeitado.
Xa fai que levo pensando nalgo, pero non atopaba nin palabras nin momento (se acabaremos medio tolos de tanto estudiar...así están todos os médicos ligados a problemas de alcol e ansiedades).
O caso foi que un día quedei embobada mirando para un destes paneles luminosos que hai nas carreteras, cando vas por autopista e tal q poñen: "X muertos el año pasado en carretera, ponte el cinturón, etc". E según iba xirando a vista, había outro cartel grandote cunha foto dun coche deportivo de infinitos cabalos...Inmutable na miña posición de co-piloto, a miña cachola comezou a maquinar por sí soa. Vaia contraste, que resultaba á vez macabramente irónico...
Varias preguntas brotaron na miña cabeza:
1. Se non se pode superar a velocidade de 120 km/h, para qué os coches chegan a ter 220?? é ilóxico dende a súa concepción!
2. Se fumar mata, por qué segue a venderse tabaco legalmente?

E outras dúbidas máis nesta mesma liña, ás cales ninguén me soubo dar aínda unha resposta coherente e fácil de dixerir para o miña mentalidade semi-inocente e bastante crédula ata aquel entón. De feito, non é de estrañar que non haxa persoas capaces de proporcionar un argumento que respalde dalgunha maneira isto que ocorre.
A min, persoalmente, non se me ocorre outra razón que non sexa os intereses económicos do país, ou do Goberno, qué sei eu de quén! pero seguro que ten que ver cos cartos...e paréceme tan penoso poñer a vida dos seres ao servizo dun motivo tal que me nego a admitir que non haxa outra solución. O primeiro que lle dixen a meu pai foi: "se eu fose presidenta do Goberno (qué coña!), cortaba todo de raíz. Tabaco? Fóra! Coches? Nada, límite 120, e se é así que o sexa cun sentido!" Resposta que correspondía da súa parte: "las cosas no se solucionan así".

Seguramente non, pero mentras se solucionan doutra maneira, eu non sei cal, a situación non mellora...
Se chegáchedes a esta liña agardando que eu ofrecese unha solución, mágoa de vós, queridos, que non a teño (ogallá estivese xa na miña man), e creo que aínda que así fose non sería escoitada por moito que berrase. A pesares disto, unha sabia comentou un día:"pensa global, actúa local", e dende entón converteuse nunha especie de máxima que procuro con todas as miñas forzas non olvidar...
Este comentario constitúe, na medida do posible, unha protesta que busca que a lean. Só iso. Eu, pola miña parte, sigo inconformista, coma sempre, e non perdoo. Xa non.


Para I., con parcela propia e inamovible na miña memoria, do que me gusta pensar que pulula máxicamente facendo que un artigo sinxelo a máis non poder, como é este, signifique moito para min. Por todo isto, e recordos que me fan sorrir, SEMPRE, gracias.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Olvidóuseche comentar o alcol querida Finta... Jajajaja

Rafa da Ponte

Anónimo dijo...

en alemaña non hai limite de velocidade por iso os coches chegan ata 220!

cormelana dijo...

cheeee, para o carro, en Alemaña non hai límite nas autopistas, que son todas jratuitas (...pero a rede imponente de autopistas foi construída por escravos-presos- moi baratiños e fáciles de substituir en caso de morte por inanición- xudeus para un rápido e eficaz movemento da maquinaria pesada do exército alemán de Hitler, mira ti, o ben que senta ter un bo colega alemán historiador e enciclopédico -fin da paréntese), e nas outras estradas todas hai límites estrictísimos de velocidade, incluídas as zonas 30 nas áreas residenciais, que se cumpren case escrupulosamente e se as incumpres es duramente sancionado. De feito unha vez fomos pasear ao monte a ao rematar a rúa, xusto diante do inicio evidente do monte, había un sinal indicando que era "fin de zona 30" jajaja.
Outra cousa, Fintiña, se ben é certo que o do tabaco e o dos coches é unha incogruencia,a min cómeme moito máis o coco que sigamos vivindo na superabundancia do primeiro mundo, pasando do transporte colectivo, consumindo coma posesos e disfrutando dos productos procedentes da desigual economía, sabedores de que o noso benestar baséase da "escravitude" de boa parte da poboación mundial e mirando para outro lado. E se nenos e maiores morren por causa da guerra tola polos minerais que permiten que o teu móbil sexa supermegaguai ( o teu quere dicir o de calquera, non o de Finta), ti tranqui e segue cambiando para ter cada seis meses un maís guai, non penses en nada máis que hai que relaxarse e evitar o insomnio. E só un exemplo, pero se queredes saber de que falo poñede "coltan guerra congo móbiles" e logo contádeme que opinades

Anónimo dijo...

Nando toma la palabra...

Uf... No puedo evitar que la palabra "demagogia" aparezca en mi cabeza cuando se tratan temas como estos. Y no seré yo el que os quite la razón, todo lo contrario, de verdad, pero... siempre hay peros.

De toda la vida hubo productores y consumidores. Claro que al principio todo se basaba en consumidores de su propia autoproducción, pero la evolución ¿lógica? fue especializando campos y haciendo divisiones que con la aparición de rangos, clanes, en fin, lo que hoy se conoce como "clases" fuera dándole un matiz social al asunto, que hoy se ha prostituído hasta el infinito y más allá.

Yo no me siento culpable de querer cambiar mi móvil, de darle todo tipo de comodidades a mis hijos, de querer un estado personal de bienestar (y cuanto más bienestar mejor, que diablos) aprovechando una posición ganada a pulso gracias a mi esfuerzo y al de mis padres. No, no me siento culpable porque haya una inmensa franja de pobreza extrema de la que, precisamente yo, no soy culpable.

Pertenezco a una sociedad que no mira hacia otro lado, en serio, a una sociedad que se encuentra con mil trabas para llevar a cabo soluciones efectivas, a una sociedad que a base de granitos de ONG's, de fundaciones, instituciones, particulares, de humanos y divinos, intenta paliar, ojo, paliar, los problemas que sufren los demás. Pero no es suficiente y todos sabemos qué o quién hay detras de todo eso. Todos sabemos quien "veta" las soluciones que de verdad valdrían.

Tú, y tú, y yo, y vosotros, aportamos algo cada día en la medida que podemos hacerlo. Liarnos la manta a la cabeza y sumergirnos en el problema a saco no lo va a arreglar. Cambiar de móvil tampoco lo va a empeorar.

No seamos demagogos, que ya hay bastantes de esos con cargos de demasiada responsabilidad por el mundo adelante.

No compremos más móviles para no fomentar el "coltrabando", no compremos más pc's, ni ropa, ni calzado, para evitar las infracondiciones de los operarios orientales, no compremos coches porque... porque algo malo tendrán, ¿qué era?, ah, que corren mucho, pero tampoco compremos nada de nada y asi evitaremos a los intermediarios que se lucran. Va, venga, boicot masivo.

¿Solucionamos así algo?, ¿esa pobre gente va a vivir mejor?.

El blablabla es realmente precioso y, si, lo admito, cierto en toda regla. Pero demagógico.

Hasta en esa generosidad sin límites que son las adopciones hay de fondo un mercadeo tras el que se esconden mafias y gobiernos que reciben su parte de la imponente talegada que cuesta todo el trámite. Y también miramos hacia otro lado porque es por el bien de los niños, y en muchos casos por el bien de los padres...

Emma, no te me lances a la yugular, que ni por asomo estoy generalizando y además que se de lo que hablo en un grado cercano, y lejos de mi intención están muchas de las cosas que seguramente se te pasan por la cabeza. Verás como tomando un café nos entendemos :)

En fin, que atendiendo al tema del post... es una puta verguenza que tu propio gobierno grave impositivamente la venta de venenos mortales para el organismo. Era eso, el tema, ¿no?, dejame que mire... si. Pues eso :)

Bicos surtidos.

PD. Emma, hablando de móviles, me mandaste algo multimedia en un sms pero no soy capaz de verlo. Tengo que cambiar de móvil... XDDDD