e tal como viñera foise. Paseniño, paseniño...sen facer ruído. Sen que sequera ela se dese conta. Recolleu as súas cousas (sentimentos, agarimos, bos momentos, risas, aloumiños e algunha caricia), todo o que ceibara nalgún tempo pasado, e marchou deixando tras del unha nube de fume que se esvaecía por momentos.
Foi entón cando ela se percatou: xa non estaba. Pasara meses e meses intentando botalo fóra, restrinxir a súa presencia na súa cabeza, na súa mente, no seu corazón, no seu ser. Fora imposible. E era agora, cando se dera por vencida e se afixera a aturalo desperdigado nela, moi a pesar dos seus esforzos, cando se ía. Resultaba irónico que cando nos resignamos e asumimos os feitos, incorporados xa ó noso día a día, é cando desaparecen..
Iso que facía xa tempo que nada era o mesmo. Cando cambiara todo? Probablemente cando a balanza se decantara polo lado da dor...Xusto cando lle voara a telaraña de tul que tan sofisticadamente teceran as mans das arpías gregas, deixando ó descuberto ás meniñas bonitas e...desengano! O golpe foi duro. Naquel intre encabezonárase en sacar cada detalle do cráneo. Non legarlle nin unha milésima de espacio, aínda que fose abstracto...pero o intento converteuse en obsesión e saiulle mal a xogada, xa que aumentaba aínda máis en volume. Porque a ferida había que recompoñela a anacos, e non súpetamente.
Finalmente, asumiu que sempre interpretaría un papel na obra de teatro da súa vida, pero sería como un mero recordo de sabor agridulce, que tivera a súa importancia, pero que marchara por voluntade propia...ocuparía un lugar, pero só o que agora lle correspondía, porque todo cambia.. Aquel recuncho que lle pertencera sería da nada durante infinito tempo, porque crebara a súa capacidade de querer.
E ela, dando pequenas caladas a este cigarro que é o camiño vital, reaccionou: o seu xesto mudou. Palpouse. Non podía ser. Correu cara un espello e ollouse. Era certo: SORRIA!! recoñecíase de novo, era ela. E pensaba: "aí estás, benvida". Quizais porque a súa identidade nunca lla quitara ninguén, e rematara o crebacabezas que a tivera enfrascada. Estaba triste, pero dou o traballo por rematado e asolagouna un sopro de aire fresco. Predeciu que xa non tería recordos de futuras tardes de bágoas...e soamente puido murmurar:
-Grazas, home invisible
Adícado a aquela fada de cabelos loiros, que cabalgaba enriba de Venus, e me persigue como a miña propia sombra para protexerme dos males que se me achegan como imán da mala sorte. Quítame o gafe. Hoxe acordeime dela. Quérote Iria.
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)

5 comentarios:
Impresionante....
Impresionante...
Fíxome chorar...Tal vez porque me sinto un pouco como se sinte ela ó principio....
Puff Fins... PUFFFFFFFFFF
I-P-R-E-S-I-O-N-A-N-T-E
Un biqiño enorme:'(
Simplemente...
GRAZAS.
iria
jo fins...
que bonito...
a pesar de que non o entenda de todo (supoño que e algo complicado para min)gustome moito...
mentres que o meu metro é case todo chorrada adolescente...o teu e demasiado maduro a veces...
ainda coas tuas tonterias de nai pesada e de tarte metendo coa tua adorable irma pequena sempre... voute botar de menos.
estudia moito tonta
quérote
mariñA...*
Hola petarda!!!
porfin me paso por tu blog!
como se suele decir más vale tarde q nunca no?
prometo pasarme mas amenudo y leer tus locuras.
me mola el titulo de: o marabilloso mundo da mente feminina
jajaja
Suerte en los exam!
besazo
hazte poeta y deja la bioquimica...
Publicar un comentario