esta é a pregunta que me fago dende fai xa ben tempo...penso que dende que teño uso de razón. Realmente non importan as apariencias? porque ao parecer todos estamos moi ben acostumados a dicir : "o que importa é o que vai por dentro", pero pensámolo de verdade? Estou case segura de que non é así. E soará frívolo pero sempre importa o aspecto, sempre! está claro que na decisión final o que conta é o interior, pero de primeiras non é así. Non o neguemos! O certo é que moitas veces catalogamos as persoas polo que percibimos cos sentidos. Sucede tódolos días! Ás entrevistas de traballo, por exemplo, a xente vai cunha indumentaria que pretende causar un bo efecto visual, moito máis arreglados do que un vai normalmente pola rúa, porque desa primeira impresión que causen dependerá en parte o seu sustento. Quero dicir que tan importante é a imaxe que obriga ás veces a que unha teña que deixar o seu estilo na casa e queira parecer quen non é (enténdase vestindo, que xa sei que unha persoa non vai cambiar a súa maneira de ser por agradar...ou si, pero non é ese o tema ao que me refiro hoxe).
E de todos é sabido que os de Medicina son uns pijos, os de Dereito van traxeados, os de Informática son unha especie de bichos raros, os de Xornalismo son os liberais, e os de filoloxías son uns desaliñados...e probablemente digades "iso non é certo", pero en gran proporción se cumplen estas afirmacións! non sempre, pero como dicía témolos catalogados, nunha especie de estantes mentais separados, ou algo así. E nas relacións que se entablan entre un grupo de persoas por primeira vez, cántas veces se nos veu a cabeza "este é un gilipollas!"? Quizais logo chegamos a coñecer a esa persoa e non era así, pero poida que nin sequera volvamos a coincidir con ela, e esa sensación é coa que nos quedamos.
Ou na sociedade mesmo xa se fala de "hippies", "góticos", "surfers" e non sei que máis! como se existise unha especie de clases vestimentais...eu, sinceramente, non sei a qué grupo pertencería eu, xa mo diredes!
E cóntanse por milleiros as ocasións nas que un se guía polas pintas, como se soe dicir. Non vou mentir dicindo que non me ten pasado de ir soa de noite pola rúa e teña acelerado o paso por ver a alguén cun aspecto raro, oscuro ou, simplemente que eu considere sospeitoso. E posiblemente sexa unha gran persoa e sexa unha chorrada o que fago, pero é instinto! que poida que non fixera o mesmo se o individuo (ou os) estivesen traxeados ou vestisen de amarelo limón, en vez de todo de negro e cun gorro e guantes...
E non fai falta que mensione sequera a relevancia do olfacto nas relacións sociais nacentes, ou si?
Ben, creo que queda bastante patente o que quero expresar con este artigo..
E agora quero que olvidedes todo o que acabades de ler e repitades conmigo: O QUE IMPORTA É O INTERIOR! isto escribiuno a miña conciencia, a que a vosa berra xusto o mesmo?
Hoxe adícollo a Luisa e compañía, porque foron o exemplo máis evidente de que as apariencias e o que pense o resto importa unha verdadeira merda
un bico, a mononeurona de Finta
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)

11 comentarios:
¡¡¡Voh voh voh..!!! pos claro que nun importa.. xa me ves, a min venme masculina y a min pélama(xa sei.. nun e ua expresión propia d'ua señorita studiante de medicina como eu...). Cad'un a lo sou y al que nun lle guste que rasque. Tú sigue así!!!!
si, q personaje es! a ti vente masculino...masculino singular!!
sabes xq nos din eso? xq tiñamos que salir de pichi e náuticos. Eu este ano vai ser o que leve posto, tódolos días! e unha boiniña, claro está
Eu só digo:
Autoperxudicial.
E punto.
i luejo finta!! e non importa!!!!
Eres a caña!!!
Palmeira Publi: Este Otoño disfrute de las novedosas actualizaciones que http://palmeira.blogspot.es les tiene preparadas.
Eu non pertenciería nin tolo a un grupo de xente que vestira coma min...(Adaptación libre dunha frase de Groucho Marx, anque non sei se o resultado é o que eu quería...pero é o mismo: o que importa é o interior, pero o que se ve é o de fora).
Ie menos mal que non se hereda isto...
personalmente a min...TIRAME DUN HUEVO!! pero que te voy a decir que no sepas,jaja! yo tampoco se a que grupo pertenezco, prefiero pertenecer al mio, un dia puedo ser la prima barruana del pueblo y otro ir con "chal"...jeje! pero ese é o chiste, ai que vestirse segun o estado de animo.
Cando vaias pola calle non ai que mirar a roupa nin as pintas, ai que miralos os ollos, van por fora pero son o espello do alma... quedate con esa fins, AI QUE CAMBIAR O MUNDOOOO!! besukiños peixiña
Aparencia, non "apariencia"
Iso de que é o "instinto"... dubídoo moito. Ultimamentye e por motivos que non veñen a conto aquí (desde hai 6 anos, ma o meno) fíxome nos anuncios, debuxos e programas infantís (si, efectivamente: vou vella)e des de logo máis ou menos aos dous anos xa temos asumidos modelos aparenciais do que é bo ou malo.
Certamente son falsas: a min quen máis me rouba, engana e trapallea legalmente, sen dúbida ningunha, é unha entidade bancaria sobradamente coñecida e galega.
De feito, algunhas das persoas que intentaron enganarme na vida ou facerme mal levaban "traxe", por exemplo.
A min impórtame a apariencia: adoita enganar. Así que preocúpame e intento non facerlle caso porque se cres na apariencia sempre saes escaldada, ou case.
Nota: para buscar parella o mellor é pasar das apariencias e seguir o sabio (coma sempre) consello da avoa de Finta: "que sexa boa persoa e búscalle os defectos, que son os que medran co tempo"
Vale támén para os amigos.
Non é que vaias pasar da xente polos defectos, todos os temos, pero polo menos reflexiona sobre oq ue vas ter que ajuantar...
A ver negra... xa non estás inspirada ou ke??
Publicar un comentario