sempre se nos educa intentando ensinarnos cómo debemos actuar na maior parte de situacións que se nos presenten, pero non se nos explica claramente que, a pesares de toda a aprendizaxe, haberá certos momentos nos que non entenderemos o que sucede e ninguén poderá estar connosco para dicirnos "fai isto" ou "fai o outro", porque finalmente somos nós mesmos os que decidimos...E cómo nos gustaría que nos seguisen instruíndo! Pero non é así, e hai que afrontar os feitos e tirar cara adiante..e ser forte sempre. Con isto non quero dicir que un non se poida afundir ou que non lle vaia importar (tampouco me refiro a finxir), pero a vida sigue e nós con ela. Son historias que vemos tódolos días: golpes da natureza que arruinan vidas, empeoramentos da saúde (incurables ou non), desengaños, ou simplemente vanas decepcións con algunha persoa tida en alta estima...todos eles membros inesperados dunha lista que probablemente se extendería en follas e follas (virtuais neste caso). Quizais a nosa escasa experiencia sexa o que provoque que todo nos afecte demasiado, pero din que se aprende a base de golpes...o que non resulta en ningún caso tranquilizador, sinceramente.
Seguramente podería pasarme aquí varias horas facendo reflexións, pero tampouco penso que mereza moito a pena. Ademais isto quédase nunhas poucas palabras que non me arreglan nada. As palabras sempre as leva o vento (afágome con famosas expresións...), e o que conta son as accións. Menos mal que por agora podo ter a conciencia ben tranquila, pois as miñas accións expresan literalmente o que din as miñas (abundantes) verbas.
E iso non é pola miña inocencia...ou se cadra si.
Agora voume que, como sempre, chego tarde...
Adicado a Sonia, xq vai ter que aguantar ao primo Fernando toooooooooooooooda a vida...jeje! diría que felicidades pero sóname tan tópico. Así que, a pasalo ben!
Un bico...
TIKITI
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)

5 comentarios:
Pois... normalmente no blog publico eu... pq o outro é moi vago... pero debaixo pon : Desterrado de los pensamientos de... (enton xa sabes) ... non é por putear...
Finita... xa te dixen... quita a merda esa de windows e pon ubuntu... asi curiosamente funcionarache o messenger jajajaja
E si... tou moi deprimido polo de anato... pero polo menos esta vez non fixen comentarios a ninguen sobre o exame... (ainda q si.. pensaba q me saira peor)...
Adeus miña querida incomunicada e aburrida amiga... vémonos mañá, ou se tal o luns, va... tanto ten... vas a escupirme igual non???
Che negra!
Non cambies nunca, e non esquezas que os teus erros son parte indisociable de ti mesma. E borra o comentario se che peta. Quérote.
Bos días Finta. Estou a ler pouco a pouco os teus textos... A vida de un delineante é dura, levarame tempo... Jajaja. O mellor, a foto de teu primo Lino que concretamente coñecín este sábado, un sol...
Un saúdo dende Bergondo.
oh! Rafa....!! cóllesme de imprevisto!!
nn sabía eu que andabas por Bergondo, de feito tampouco tño tan claro onde é, jsjs!
iso, q gracias pola visita e...q sepas q é evidente q Lino é cma un Sol. Cómo o imos malcriar.. :)
Yo, como siempre, llegando tarde a los comentarios...
Gracias por la "dedicatoria", Fintiña, y por la cara que tiene Sonia despues de estos últimos 13 años... ¡¡¡yo diría que le ha ido de un mal...!!! :)
Bicos
Nando
Publicar un comentario