martes, 7 de agosto de 2007

PRE-MAMÁ

Aqueles acostumados a vir ler o meu espacio estrañaranse desta entrada, pois será máis seria que o resto, ou esa é a intención, pero xa sabedes que de vez en cando toca deixar as tonterías a un lado e tratar algún tema que mereza un pouco a pena.
Do que hoxe quero falarvos é, como ben intenta transmitir o título, da velocidade coa que en ocasións se precipitan os feitos nas vidas. Non atopo as palabras exactas coas que introducir a historia, co que vou tentar que entendades o meu shock reproducindo literalmente as palabras coas que comezou todo o lío:
"Sabías ken é X?? Pois está embarazada..."
Resultou que me quedei coa boca aberta...o motivo? que X era unha compañeira da infancia (algúns saberedes de quén falo), de 19-20 anos, da que eu non me esperaba, nin por moito, esa noticia. Non recordei máis o conto ata que un día deste verán a vin paseando pola praia coa súa barriguiña de pre-mamá...se ben por un lado me alegrei por ela xq a vin realmente feliz e preciosa (todo sexa dito, pois o q se di que as embarazadas están máis guapas que nunca é totalmente certo), por outro lado non puden evitar pensar: "pero se é unha nena!!"
Nun pobo como é Malpica, pequeno e no que todos nos coñecemos, foi inevitable que todo o mundo falase, sobre todo de se fora desexado ou un imprevisto...supoño que nunca o saberemos. Independentemente diso, desexado ou non, as opinións eran ben diversas sobre se ter o crío ou non. Na miña pandilla de amigas en concreto xa houbo discrepancias: mentres algunha afirmaba que se lle ocorrese a ela tería o fillo, pois era un golpe do destino e había que tomalo como un regalo e adaptar as vidas á do fututo ser, o resto abríamos os ollos coma pratos e defendiamos o aborto como solución a tal "regaliño" que non faría senon complicarnos a nosa situación actual (o que non quere dicir que en caso de ter o fillo non o quixesemos como as que máis, quede claro, pero que en principio sería un gran problema é evidente). A nosa posición é a seguinte: primeiro vivir as nosas vidas e completar unha serie de metas, e logo, no momento en que queramos e podamos (xq non teriamos un fillo se non houbese medios para crialo), ter un bebiño (se se tercia), pero ese momento témolo fechado en torno aos 30 (sei que non se pon fecha e logo sempre ocorre o non esperado, pero parécenos unha idade máis ou menos pasable...). Certo é que a susodita X podía ter xa cumplido os seus obxectivos vitais e ser este o seu propósito, pero é que...deus!! eu non me vexo apta para cumplir con esa responsabilidade nin moito menos! hai tanto que facer primeiro!! e na maioría destes casos son as avoas quenes coidan ao neto como un fillo máis por diversos motivos...
O asombro tornou en parálise cando outro par de noticias captaron a miña atención:
-Recordas á prima de tal, a que nos leva un ano?? pois cásase para a semana...
-Sabes esta que iba na clase do lado no instituto?? pois cásase o sábado próximo e invitoume á boda!!
E volvín pensar inconscientemente "pero se son unhas NENAS!!!!!". Á marxe da opinión que poidan espertar en min os casamentos, só o feito de imaxinalas na miña cabeza vestidas de noiva e casadas...casadas!!! claro que se lles desexa toda a felicidade do mundo, pero a miña incomprensión superaba os límites do razonable...despois de que varias personas tentasen convencerme de que era normal que se casasen xq ambas levaban xa vida en común con cadansúa parella, o meu nivel de escándalo foi diminuíndo progresivamente ata asumir os feitos. O esforzo foi, sen embargo, en vano xq, se xa vivían a gusto cos mozos..cal é a necesidade de se casar?? a diferencia? pois que agora a separación non só é dano sentimental, senon que acarrea consigo un divorcio (papeis, cartos, tempo....). E dinme: "velo así xq nn estás namorada coma elas". E poida que sexa certo que non o comprenda por ese motivo, pero, en todo caso, ten que haber xente para todo, modos de actuar ben dispares, e formas de ser e pensar opostas (pero a anos luz..)
Aínda así, respecto e alégrome por todos eles e elas, q sexan ben felices á súa maneira,q eu tentarei selo á miña
Este adícollo a todas aquelas valentes.......
un bikiño
TIKITI

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou totalmente de acordo co que dis. O meu asombro foi dun calibre semellante ó teu. Pero é o que hai.

Anónimo dijo...

1) para os embarazos desexados, cultura, que abre os ollos.
2) para os non desexados, cultura, e as obras completas de Wilhelm Reich

Anónimo dijo...

a miña opinion con respecto o embarazo sabes que é a misma que a tua, o das bodas supoño que será diferente cando encontremos a nosa parexa ideal , aquela ca que non podes estar un minuo separada del, que che recore polo corpo unha mezcla de nervios e felicidade cando te bica e que necesitas saber que e teu para toda vida; (que inspirada estou non?pq sera? jajaja..)

Pos eso fins, que co paso do tempo as opinions cambian e xa veras como algun dia non entendemos como pudemos decir esto!!!!! besos

cormelana dijo...

Tami, teu para sempre non tes máis ca o teu propio corpo, así que cultiva o que tes por riba do pescozo, porque tooodo o demais... CAE.
Finta, eu sei de unha que viviu 20 aniños sen casar e tampouco é que lle fose tan mal... e logo casou polo motivo máis insospeitado (a que si?).
Ben, ás veces hai xente que con 20 xa é madura para ter fillos...e a outros con 50 aínda non lles chegou o momento. De feito algúns téñenos pero coma se nada... é coma non telos (coeñcen mellor a algún taberneiroq ue aos seus fillos... que pa iso pasan moitísimas máis horas na taberna ca cos fillos...)
O do aborto é unha decisión e opinión moi persoal, eu estou con aristocles: prevención.
No caso de que falle e se non se quere abortar, tamén hai quen os dá en adopción. Para alegría de outros.
Ti, Fintiña, estuuuuuuuuuda, que xa terás tempo pa pensar no resto...

foucelhas dijo...

Eu estou profundamente dacordo co que dis. Se te asombraches polo que pasou...que farías se a rapaza tivese 14 anos? x ai pasanche estas cousas tamén. De todos xeitos, pode parecer frívolo (desde o punto de vista dagora non tanto) pero a vida é para disfrutala e conseguir umhas metas que ti te pos, e que se non consegues deixan algo de baleiro na túa cabeza, despois cando chegue o momento de procrear ou unirse, pois vale, pero ese non ten xq ser o obxectivo de todo o mundo, na nosa especie non vai escrito: "come, ten filhos e morre", ademais de instinto hai cousas moito máis aló