lunes, 27 de agosto de 2007

depresión

pois si amigos, unha vez máis ese é o estado de ánimo no que me atopo dende hoxe mismo. E supoño que a moitos de vós vos chegará o momento moi pronto. Como se di aquí no meu pobo: "ao rematar as Festas do Mar remata o vran". E non falla. Ano tras ano cúmprense as previsións. A xente que veraneaba aquí foise marchando, quedan 4 ou 5 familias (se chega a elas...), volve o mal tempo, que xa fai uns días se asentou por estas terras, pero ao estar festexando un nin se dá conta...e o máis importante: hoxe ao encender a tele o primeiro anuncio q vin, por desgracia, foi o de 5 nenos mercando zapatos e libros, moi felices nas tendas de El Corte Inglés (anuncio q axudou a sumirme máis no estado de depresión no que me iba encontrando por momentos). Supoño que será este cúmulo de motivos o culpable de que odie tanto o mes de setembro (e finais de agosto...), ademais de porque sexa un mes gris e triste. Non porque teñamos que volver a empezar o curso académico dentro de pouco, senón porque en setembro nunca hai que facer! días e días tirados que non poderemos recuperar. Non hai clase, non hai praia, non hai xente, non hai..NON HAI! tardes perdidas xogando aos famosos "cabrón", "tute", "mentiroso", "Scattergories", "Party", ou o rei e amo da festa, o "chincho"...
A falta de servicios nos pequenos pobos é unha das súas grandes desventaxas...así pois aparece a desesperación de ter que moverse para non morrer de aburrimento.
Menos mal que eu este ano teño un gran remedio : ESTUDIAR!!!!

non sei se procedería a famosa frase agora de "no hay mal que por bien no venga". Diréivolo en outubro, cando recupere a cordura

TIKITI

Adicado a Ofelia, por adentrarse nun labirinto limitante entre fantasía e realidade

4 comentarios:

Anónimo dijo...

e que ese anuncio sumionos a todos na depresion ou que? un besiño finta!!! que se acabou este veran pero quedanos moitos por diante!!! HASTRA O MANGUISMO!!!

Discóbolo hipercrítico sexagenario dijo...

Que se acabou o vran? pero si aínda non comenzou... Confío plenamente en que setembro sexa o mes veraniego por excelencia ... senón... kedará suicidarse...

Discóbolo hipercrítico sexagenario dijo...

Claro fins... pero eu tamen empezei a estudiar cando ti estabas de festa por ai... ou non??? e digo o mesmo, ken me dera fisio... (aínda que sei que fisio é peor, pero psss estou farto das caras e dos bordes... podían innovar un pouco e poñerlles nomes de persoas: por exemplo, en vez de a cara anterior do astrágalo articulase co escafoides... pepiño articulase con manuel! e todo listo! jajaja

E unha perda que non estes aki para escoitar estas paridas... e que en exames tou sembrado ak ak ak

Miruchiña dijo...

Cada vez que veo ese anuncio tiro le tiro el mando a la tele, con suerte le doy al boton de "apagar" y no lo veo acabar...jajaja!!!
veo que estamos todos con el mismo estado de animo, yo para calmarlo sabes que hago, aire de viño hasta que quede inconsiente,cando levanto xa é de madrugada e solo hai teletienda!!jajajja, un tikitibiquiño rula