pois, si...remata a conta atrás..a 2 días dos meus 19!! o tempo pasa rápido e faino para todos. Cando un se percata ten xa un ano máis..e nn é cnsciente de que lle faltan un par de telexornais para a vintena! e preguntámonos se conseguimos levar a cabo os nosos obxectivos neste ano q xa queda atrás..porque, se o penso, todo segue igual que sempre. Iso non é malo en absoluto, que claro q estou encantada de seguir cos meus de sempre, pero non tería q ter ocurrido algo máis? un cambio? unha especie de catarsis, que todos cremos que acompaña aos 18... maior de idade si, pero, sendo franca, non me permitiu facer nada q nn fixese xa antes! Unha especie de decepción e alegría misturados...
e agora, ás portas dos 18+1 penso se ocorrerá algo q me permita escribir dentro de 52 semanas un artigo no q diga: "si, estes foron os 19!" e que non me pase o q me está sucedendo, confundir estes pasados 5 anos porque, agás por meros detalles e anécdotas (inolvidables, si..), parezo repetir todos os anos un ciclo, no q todo ten o seu orde e lugar...nn sei, supoño q serei unha insatisfeita social ou algo así (se é q iso existe..)
será q soño cn facer algunha loucura, saírme das normas e reglas e facer unha falcatruada que poida recordar sempre..
ou estarei agardando unha REVOLUCIÓN??
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)

12 comentarios:
Pareche pouca novidade coñecer a forest??? iso tivo que afectar a todos os teus ciclos vitais...
Agora en serio... comprate unha makina de granizados, iso si que cambia a tu vida (garantizado).
Non veña, agora así en serio, que os cambios non se notan, pero aí están, a todo o mundo lle pasa... e agora é cando digo que ás revolucións por moito que digan solo se poden levar a cabo pola forza, e claro, única maneira de cambiar a túa vida é que te secuestren ou algo... outra cousa subxetivamente para ti non vai ter efecto pero... fixo que te comparaches ben co ano pasado? xD
Non me fagas caso...
Se queres facer unha revolución, avisa xDDD. Mata-me esta rutina, joder!
A verdade é que tes razón. A vida non muda tanto cos 18. Xa soio me queda agrdar pola outra fronteira soñada: os 65^^ hehe
beijos
alo ves pos 19, nada, a verdad é que tes toda a razón, ningún cambio, nin si quera sabes como chegaches a eles e confundes os 17 cos 18 cos 19 jajajaja eu tamen espero esa revolución fins!!!!vamos no intrarail!!!!!!!un bico miña nena
N
O
R
A
B
O
A
FINS Por eses 19 aniños!! E como cae en sábado.. a rachar con todo!!
Besiños!!!!
As revolucions non se agarda: fanse. Ánimo que ti podes
fintiña !! bueno, eu coma sempre tarde e mal pero o que conta é a intención non?? ou polo menos é o k se di, asi k moitas felicidades!!non te preocupes por iso da rutina dos 18,19,... é algo común e non ten por qué ser malo. O que conta é k saibas con ken se pode contar e k os teus estan contigo cando o precises,e como non... que sexas igual de festeira...jejeje.un bikolo e a ver se te lembras de felicitarme polo meu cumpre que é o 19 de agosto!!
Muitas felicidades!!!!!
Veña!!! organicémonos todos pra esa revolución!!!
Eu si que din un paso más nos 19: tuven nel Trinity College!!
Ó final atopei o teu bló, pero non se me ocurre nada que dicirche, porque como xa estivemos a falar o venres e o sabado e xa dixemos demasiadas estupideces como pra estar calados o resto do ano.
Pois iso, que como xa che dixen, tes que poñer eiquí a túa foto tirada nun banco con xente e moedas ó teu redor.
Gracias pola adicación do outro día, non mo esperaba jaja, principalmente porque non tiña constancia da existencia disto.
E pra rematar vouche dicir una frase moi sabía que sempre dicíame a miña difunta nai:
"A vida é coma una caixa de bombóns, nunca sabes o que che va a tocar" (O que pasa é que cando fixeron a miña pelicula, traducirona a castelá)
PD: Tes que ir ó apostolo que vou eu xD
Ben, coido que chego tarde... pero igual quero desexar un felicísimo ano ata chegar á vintena... que chegarás porque ata eu cheguei (un gran logro que aínda non superei...)
O da vida me parece unha rara mestura entre o previsible e o imposible, con visos de ausencia da causalidade e claro dominio da casualidade, así que o mellor será estar en vilo pensando en que sucederá o extraordinario e non lamentando o que non tivo acontecido (pensamento gilipollas, pero optimista... jejeje!)
Así que... disfruta da emoción como se estiveran a piques de facerche cóxegas...
Castos bicos mofleteiros de...
SUSO
(vaia mer... de anonimato, digo eu...)
FELICIDADES FINTIÑA!!!
O paso do tempo non hai contalo por años, que iso é moi pouco tempo e non muda nada. Polo menos mídeo por lustros. Pénsao, non cambiou a túa vida dende hai cinco anos? Non fas agora cousas que antes non facías? Non vives máis a túa vida?Dentro de 5 anos mira atrás para os teus 18,19,20...e verás como os ves coma uns bos anos.
E dígocho dende a experiencia dunha persoa que xa vai pola quinta vida.xD
De tódolos xeitos, non deixes de lado a revolución, e entra nos CAF, verás as que armamos...
FELiCiDADES
Finti!!!
Iri e familia!
p.d.: O de finti xa sabs
de quen ven! jejeje
bueno, akí a voltas.....
só q grazas a todos e cada un dos q me felicitastes x acordarvos de min (e a algún q non o sabía e tuven q chamar para q me felicitasen...deus, q pésimo sona!)
vaia, q graciñas por preocuparvos polo meu proceso dexenerativo
un bikiño
xa sabedes onde estou...
TIKITI
Publicar un comentario