pensando e pensando ocurriuseme q podía escribir unha entrada sobre o meu pobo: MALPICA...
se un recapacita, os q vivimos alí podems afirmar que é realmente un mundo a parte, un micromundo no último recuncho do planeta, e certamente, o q pasa alí nn pasa en ningún outro lado..
para comezar hai unha canción expresamente escrita para o pobo, "malpica ten, todo ten", a cal nn vou escribir por 2motivos: un éq nn a sei, dous q é preciso escoitala...para o q é moi apropiado oírlla ós tan famosos "3 de Malpica", grupo de 3homes, xa cuns aniños, q amenizaban festas e demais romerías do pobo...ao son da música levaban un bailiño, ben pegadizo, que consistía nun pekeno abaneo de cintura e pelvis adiante e atrás. Agora teñen varios imitadores, destacando Jose Fariña, Kike Ousinde ou Walter (Tolky, pos colegas), pero non lle chegan nin á suela dos zapatos...akeles tempos nos que todos sabían as súas cancións, nn vai haber outros igual!
Temos as Sisargas, 3illas pekeneiras, onde viven mooooooooitos araos, e é pobo peskeiro, co que ole a mar sempre ( se ta marea baixa apesta a dársena, pero eso son mínimos defectos q lle dan ata gracia).
é un pobo duns 3000 habitantes, onde todos nos coñecems, somos coma unha gran familia. E cando digo isto refírome aq calkera cousa q pase, a familia vaise enterar. Seguro. Non intentar sekera q nn se saiba, ao día seguinte todo o pobo será coñecedor de se houbo unha pelexa, se se formou unha nova parexa, se outra rompeu..e ademais as persoas específicas en cuestión..esta labor lévana a cabo as tan populares REXUBEIRAS(os nomes nn os poño, q os q sodes de alá xa sabedes de ken falo, aínda q se rumorea q abundan na zona residencial, tb coñecida como Atalaia...-é coña, nn me malledes-), q corren a voz de calkera rumor, e trankilos, se un día non pasou nada interesante, invéntase, qué carallo! o caso é meterse na vida do resto..
O conto é q abundan o que se chamaría "personajismos", dos cales nn mencionarei nomes, sería demasiado vulgar pola miña parte, parecería qme río deles e nin moito mens, xq os da nosa pekena panínsula somos irrepetibles e en extinción, uns poucos elixidos...
hai ken vai correr á praia tódolos días, chova, faga sol, trone..a vocación é firme amigo. Hai tb ken colecciona pinzas da roupa, que é, xq non?, unha manía coma outra calkera. Hai quen, sen cobrar un peso, actúa de segurita dun bar, por exemplo, estando as 24horas do día dando pekens paseos pola acera en busca de calkera apariencia de malas intencións, iso si, ós q coñece bótalles unha risiña (algo estremecedora..). Hai quen, por mor da súa protección fronte ós pekens rebeldes q andan á xogar ao q alá se chama "mano negra", gardan unha macheta preto, x se hai q saír cn ela perseguindo á panda de moinantiños. Hai ken pon verán e inverno un sombreiro na cabeza, negro, dos de ala ancha, e vai asubiando tan potentemente q se recoñece a distancia (e máis eu, q falams de meu pai). E moitos outros cuxas andanzas nn poñerei neste artigo xq sería abordar intimidades, pero realmente incribles, só pasan no meu pobo.e eu nn cambio a ningún deles por nada do mundo, son especiais e punto!
Tems tamén, as novas xeracións, o vicio de empregar as mesmas expresións..hai unha nova cada mes, coma ken di: fártaste, é-la jefa, pasa pa terra, dous dedos de frente, esto é unha casa keimada, non paja a bala, astromanguismo!...(creo q agora é : "estás calzando", a última q eu me enterei, o significado déixoo á libre imaxinación de cada quen). O noso saúdo non é nin un: hola, q hai, como vas ou nada do estilo. Nin sekera nos molestams en ter un xesto q nos identifique como pasa nalgúns lugares próximos. Non, para qué tanta molestia? erguems levemente a cabeza, un movemento pekeno de cuello, o amago de levantar a man e, cun pouco de sorte, un leve "ei", coa boca medio pechada.
e supoño que o máis característico é o CHÉ fantástico, polo q o resto da xente nos recoñece...eu supoño q o traerían os emigrantes q foron a arxentina e sudamérica en xeral..En fin, único.
é simplemente a VILA DA VIDA NA COSTA DA MORTE, e os q nn a coñezan nn saben ben o q se perden. Non é a máis bonita, nin a máis grande, nin ten tódolos servicios, pero para min é a mellor, ché..
este adícollo a eviña, xq non sólo é perfecta, ademais é de malpica, jeje...e xq me soporta tódolos días neste piso..escóitame, bérrame e reñe se fai falta, pero a maior parte do tempo rise (ao que contribuíms patri+eu), e así leva 10 anos ó meu lado..xq é aq sabe usar a lavadora, e xq é outra das irrepetibles!
eu dixen.
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)

8 comentarios:
aí Finta aí, facendo unha reívindicación ó masimo. aínda que houbo momentos na entrada que pensei que ibas declarar a República Independente de Malpica... esto si que é nacionalismo. Tes que deixar de vir a clase de Bastos.
Olas!!
De verdá pensas que é un mundaparte?? bueno, se cadra si que é, pero non máis ca ningún outro pobo cun mínimo de vida social, penso eu. Todos os sitios teñen as suas expresións típicas e os seus personajes. Bueno, non me apetece emparanoyarme máis...
Ala, a raskala!!
home fo!! o único rapaz cn dous apéndices..moitas gracias pola aportación. Outro día vés e lokeas como ti só sabes, jejeje
...e moitas cousas máis, como "Pedro pasa aquí" escrito nun reloxio de parede (se non sabes de que falo, prejúntallo ó meu irmán máis novo, que ven sendo teu pai, disque), ou un porteiro de fútbol que cando un periodista lle prejuntou cal era, para el, o dianteiro máis perigoso da Liga da Costa contestou inmediatamente: "Pelayo". Que era o seu defensa central...
Pero para mundo aparte Corme.
Dijo eu.
(Hai que tirar pa casa ¿ou non?)
Ánimo Finta, que o sitio ten boa pinta.
ai Finti, e falar de malpica e faiseche a boca auja!! jeje, tes toda a razón do mundo, eso é un mundo aparte, vale que como di FO cada pobo ten o sou encanto pero eso é por que nunca foi por malpica... e menos en coche, por que é o millor que podes facer, se che justan os xogas nos que che dan puntos por atropelar a velliñas, porque aquelo é unha casa de putas che!! e eso que eu son unha adoptada de malpica, non son 100%, pero xa sabedes... todo o bo se peja! :) un bikiño miña nena do ventorrillo
que nunca fun por malpica?? bueno, vale, xa tá, non teño máis que dicir, aiiii, ou yeah!!!
miriam, fo é de corme..
Publicar un comentario