domingo, 20 de mayo de 2007

pásame só a min??

como todos sabemos, o vindeiro día..27 son as eleccións municipais. Para algúns de nós as primeiras nas que poderemos votar, e, qué raro, eu véxome ante un novo reto fronte ó que nn sei actuar pero esta vez ninguén me pode axudar..
sei que haberá moitos de vós que teredes clarísimo a quén apoiaredes, pero eu teño un cacao monumental (espero nn ser a única..), ao cal axuda enormemente ser unha PP (Paleta Política, Paleta Política, susto eh?). Penso que un sempre ten unhas tendencias marcadas, unhas ideas q o fan decantarse por certo "lado"(e sempre axudan actuacións estelares de certos políticos falando, por exemplo, de tomar uns cacharriños, qué carallo!), iso vai na educación e xeito de ser, pero dentro dese cerco un ten q decidir entre varios partidos, e iso xa é máis difícil. E a quén pedir consello? os pais nn keren influír e deixan a un ó libre alvedrío, os amigos, bueno, tampouco éq falems de política diariamente e, en tal caso, o que o resto opine quizais non me convenza demasiado..
o de lerse tódolos programas tampouco serve de moito (xq a maioría son promesas e hipóteses de futuro q nunca se sabe se chegarán a porto), ademais de que nunhas municipais dun pekeno pobo, a xente mira máis a persoa que os ideais partidistas a gran nivel, pero tampouco éq saiba eu moito sobre os candidatos, pois a varios non os coñezo nin de vista, e o resto non éq teña relación con eles, básicamente porq podían ser meus pais e nn teño x costume ter colegueo con persoas q me kedan tan lonxe, temporalmente falando
e se tampouco hai un partido que aúne tódalas peticións dun? se convencen algunhas iniciativas dun, outras cantas doutro...qué se fai? forma un mesmo o seu propio partido? vota en branco? non vota? iso nunca, despois de tantos anos loitando polo dereito ao voto feminino e tiralo agora como se tal cousa!! non non, se cadra o q un fai é estar perdida coma min, e cunha mistura na cabeza incrible, cargando cunha nova responsabilidade ás costas (outra máis, os malditos 18).
Pode que sexa que eu lle dou demasiada importancia, que son unha paranoica e agobiada por menudeces, total, ó fin e ó cabo, o voto é secreto e só un sabe se o que acaba de facer foi unha barbaridade da cal se arrepinta, e entón ter anos para ir cambiando a súa opinión. Tamén se aprende non?
vós opinades...
este vai para David, Paco, Santi, Duarte, Manuel de María, e mesmo Coki, por axudar a q a miña confusión sexa incluso maior do q pensaba..e ser os primeiros mentores políticos que tuven. Jrandes meus, jrandes!! un bikiño a todos
Eu dixen.
PD: xa actualicei!!

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois a verdade é que si que lle das moita importancia. Que cojones importara se votes a quen votes van gobernar os mesmos paiasos de sempre, e por encima, un que vai por libre, vai e mete na lista a Ibarro. Ohhhh vamos!!!
Aínda así, tesme que explicar como fixen eu pa que a túa confusión aumentase aínda máis. Nin que eu fora un experto en política. Xa me chaman:
Urdaci...jajajajajaj
veeeeeeeña oaaaaaaa

Zape (entre outras muitas cousas) dijo...

ben, vou-me meter en política por primeira vez dende que empezou a campaña eleitoral... e como afiliado ao BNG direi-che que penses en votar á nosa fronte... se ben polo teu concello non teño nin idea de quen se presenta así que non vou falar sen saber...xD
En definitiva: Que votes a quen che saia, pero que non sexa o PP hehe... nin o PSOE de ser posíbel...nin a independentes... nin Terra Galega... ein? Só che queda o BNG!!! Mira, ó final si que pedín voto e falei de cousas que non sei!! Se é que non teño remédio... Saude!

Grissom dijo...

paco, q previsible! sabíao..
coke, xq ti sabes q eu era seguidora de Losantos, e x culpa túa aora dubido..jeje
Ibarro? hai q votalo..

pacoluis dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.
ManuelGzlz dijo...

vota nulo. se non che convencen as opcións políticas de ningún dos partidos, vota nulo. faite ti unha papeleta na que expliques o teu caso, se queres, e métea dentro do sobre. sejuro qeu hai aljunha pola rede

é unha opción a considerar, é unha abstención activa.

noemi dijo...

dios sabes q me pasou?cando lin o teu comentario asimileite con jorge e nese momento non tiña tmpo pra contestar e cando puiden fíxenllo a el en vez d a ti... :s e agora deime conta...

tño q deixar d estudiar tanto audiovisual....

e pásate esbardallar cando queiras, encantaríame!!

bicos

noemi dijo...

a verdade é q a opción de manuel é bastante tentativa. certamente para min as municipais son unha merda, pq ou branco ou "traiciono" dalgunha maneira os meus ideais e principios. pro se non hai candidatos competentes aos que lle votar????
admais, unha vez q chegan ao poder TODOS son iguais

Discóbolo hipercrítico sexagenario dijo...

O millor nestes casos, e noutros tamén, e ir votar (ou botar quen sabe), como unha puta estrepia dende o sábado anterior (¿porqué cres que as fan os domingos?), e logo, o que saia sairá. Digo eu, que o mesmo acabaste olvidando...

Mariquinha AR dijo...

nun es asturiana sino diriache: vota iu-ba
jajaj nono.. tu pensa en lo que de verdad queres de este mundo y a quen lle darias ese voto de confianza pa que lo cambie un pouquinin al menos.. pero votar hay que votar.. que nos costou muito conseguir ese dereito pa agora perdelo. Y si te ves feita un lio.. como dicen por ehi.. de estrepia del sabado anterior
Un chuchin

foucelhas dijo...

NON SE PODE DICIR NADA ANTE TAL VERDADE. non sei, eu creo que o clavaches...pero wno, ben é certo que votar en branco... sobre todo numhas municipais non creo que sexa cousa boa.

Por certo, nin se che ocorra volver dicir que eres umha paranoica, acaso non che quedou claro que se fas un bloge, eres paranoica??falar cun mesmo...é un monólogo interior, grandes mestres da literatura(dos cales non sei grande cousa) fixéronse mestres por iso, ti sigue asi
um bico

Grissom dijo...

bueno, graciñas a todos os que opinastes, q en certo modo aportades outros puntos de vista..
finalmente chegou o momento e sigo sen saber moi ben q facer, pero unha idea xa a teño!
un bikiño a todos e outra vez, gracias!
PD: ás estrepias, q saibades q onte nn saín e nn pode ser a vosa opción, jejeje
kérevos..grissom

cormelana dijo...

Non, Corkes, gobernan os pallasos, ou os honrados, que elixas ti e mais o resto (nada de "yo no fui".
Finta tíñao fácil, porque no BNG de Malpica, de número dous, vai a persoa mellor candidata, e se non ti dille que votaches a esa lista aínda que sexa mentira que sejuro que esa persoa ha de invitarte a aljo, verás... jeje
a que si, Finta?